Cleopatra (cráter)

Cleopatra é un cráter complexo dentro da parte oriental da rexión dos Maxwell Montes do planeta Venus, e está situado nas coordenadas 65,8° N 7,1° E.[1] O cráter ten 105 km de diámetro[1] e 2,5 km de profundidade,[2] posúe paredes con chanzos, un dobre anel na crista do cráter, cun chan moi liso e escuro ó radar, e que a simple vista non ten cumio central (algo pouco frecuente nos cráteres de Venus). Tamén chama moito a atención unha sinuosa canle, a xeito de desaugadoiro, que atravesa a escarpada dobre crista do cráter. A través desta canle fluíu unha gran cantidade de lava e que cubriu varios vales na rexión de Fortuna Tessera. Cleopatra está superposto sobre ás estruturas dos Maxwell Montes e estas aparecen deformadas polo cráter, o cal indica que este cráter é relativamente recente.[2]

Cleopatra
Imaxe de radar do cráter Cleopatra.
Tipo de accidente xeolóxicoCráter
Accidente xeolóxico deVenus
Diámetro105 km[1]
Profundidade2,5 km[2]
Coordenadas65,8° N 7,1° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nomeen honra á famosisima raínña de Exipto, Cleopatra.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos