Columbus Crew

O Columbus Crew Soccer Club é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Columbus, no estado de Ohio, polo que xoga na conferencia Leste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. Tamén foi o primeiro equipo dos Estados Unidos en construír un estadio específico para o fútbol, no ano 1999 [2].

Columbus Crew
NomeColumbus Crew Soccer Club
Alcume(s)Crew SC, The Black & Gold
Fundación1995
EstadioMapfre Stadium
Columbus, Ohio
Estados Unidos
Inauguración1999 [1]
Capacidade20,145
PropietarioPrecourt Sports Ventures LLC
Adestrador Gregg Berhalter
LigaMajor League Soccer
2014Leste: 3º
Global: 7º
Playoffs: Semifinais de Conferencia
Na rede
http://www.columbuscrewsc.com
Facebook: ColumbusCrew Twitter: ColumbusCrew Instagram: columbuscrew Youtube: UCWaD_J0qRubgPr9DV_x9-Jw Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Crew SC é un dos equipos máis laureados da MLS xa que conta con cinco trofeos oficiais. En 2015, os novos propietarios cambiaron o logo do equipo e tamén o nome do estadio (Mapfre Stadium). Entre os xogadores máis importantes que pasaron polo club cabe destacar a Chad Marshall, Jeff Cunningham e Brian McBride.

Historia

Inicios

Na tempada inaugural da MLS, en 1996, o equipo conseguiu clasificarse para os playoffs, pero perdeu na primeira rolda contra o Tampa Bay Mutiny. Por outra parte os seareiros do Columbus recibiron o premio de mellor afección da liga [3]. Na seguinte tempada, o equipo chegou ata a final de Conferencia, pero perderon os dous partidos fronte o que sería o campión, o DC United. No ano 1998, chegou a primeira gran final do equipo, na U.S. Open Cup pero perderon 2-1 fronte ó Chicago Fire [4].O ano 2000, foi o primeiro no que o equipo non conseguiu chegar ós postos de playoff [5]. No ano 2002, os de Columbus conseguiron de novo chegar á final de Conferencia, pero foron eliminados polo New England Revolution.

A chegada dos títulos

No ano 2002 chegou o primeiro título ás vitrinas do Columbus Crew, tras gañar a final por 1-0 fronte ó Los Angeles Galaxy. Dende o ano 2003 ao 2006, o equipo sufriu varias malas noticias e sumou malos resultados, quedando fora dos postos de playoff nos anos 2003 e 2005. Unha das súas estrelas, Brian McBride, marchou ó Fulham. E ademais no ano 2006, o propietario do club morreu. A única excepción foi que o equipo logrou gañar no 2004 a Supporters' Shield.

A chegada das estrelas internacionais

No ano 2007, revolucionouse a MLS coa incorporación de David Beckham ás filas do Los Angeles Galaxy, a estrela que asinaron os Black & gold foi Guillermo Barros Schelotto [6]. O ano 2008 foi unha tempada histórica para o conxunto de Columbus, conseguiron gañar a MLS Cup 3-1 fronte ó New York Red Bulls, co arxentino Schelotto como mellor xogador do partido. Ademais ese mesmo ano conseguiron gañar a súa segunda Supporters' Shield [7]. O ano seguinte volveu a revalidar ese mesmo título. Nos anos 2009 e 2010, o equipo participou na Liga de campións da CONCACAF e os dous anos foi eliminado en cuartos de final [8][9].Tras tres anos con malos resultados o Crew SC conseguiu chegar ás semifinais de conferencia no ano 2014 [10].

Xogadores [11]

PostoPaísXogador
1POR Steve Clark
2DEF Tyson Wahl
3DEF Chris Klute
4DEF Michael Parkhurst
5DEF Emanuel Pogatetz
6MED Tony Tchani
7MED Kristinn Steindorsson
8MED Mohammed Saeid
9MED Justin Meram
10MED Federico Higuain
11MED Cedrick Mabwati
12MED Kevan George
13MED Ethan Finlay
14DEF Waylon Francis
PostoPaísXogador
16MED Hector Jimenez
17DEL Ben Speas
18DEL Aaron Schoenfeld
19MED Romain Gall
20MED Wil Trapp
21DEF Chad Barson
22DEF Gaston Sauro
23DEL Kei Kamara
24DEF Sergio Campbell
25DEF Harrison Afful
26MED Ben Swanson
28POR Matt Lampson
30DEL Jack McInerney
41POR Brad Stuver

Títulos

Récords[12]

  • Máis partidos: Chad Marshall, 253.
  • Máis minutos: Chad Marshall, 22,220.
  • Máis goles: Jeff Cunningham, 64.
  • Máis asistencias: Robert Warzycha, 61.

Notas