Comarcas da Rexión de Murcia

A Rexión de Murcia é unha comunidade autónoma española. O punto segundo do artigo 3 do Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia prevé a creación de comarcas:[1]

2. A Comunidade Autónoma de Murcia organízase territorialmente en municipios e comarcas.

Os municipios gozan de plena personalidade xurídica e autonomía para a xestión dos intereses que lles son propios.

As comarcas gozan tamén de plena personalidade xurídica, así como de autonomía para o cumprimento dos fins que lles sexan atribuídos pola Lei.

Non obstante, a Asemblea Rexional de Murcia aínda non aprobou unha lei de comarcalización.

Comarcas

Mapa comarcal da Rexión de Murcia, segundo a división proposta polo Consello Rexional de Murcia en 1980.

A seguinte división comarcal foi realizada polo Consello Rexional de Murcia, ente preautonómico, en 1980, antes da aprobación do actual Estatuto de Autonomía, baseándose no informe do seu gabinete técnico. Esta división comarcal é a que con frecuencia utiliza a administración rexional.

ComarcaConcellos
AltiplanoJumilla e Yecla
Alto GuadalentínÁguilas, Lorca e Puerto Lumbreras
Bajo GuadalentínAledo, Alhama de Murcia, Librilla, Mazarrón e Totana
Campo de CartagenaCartagena, Fuente Álamo de Murcia e La Unión
Huerta de MurciaAlcantarilla, Beniel, Murcia e Santomera
Mar MenorLos Alcázares, San Javier, San Pedro del Pinatar e Torre-Pacheco
NoroesteBullas, Calasparra, Caravaca de la Cruz, Cehegín e Moratalla
OrientalAbanilla e Fortuna
Río MulaAlbudeite, Campos del Río, Mula e Pliego
Valle de RicoteArchena, Ojós, Ricote, Ulea e Villanueva del Segura
Vega Alta del SeguraAbarán, Blanca e Cieza
Vega Media del SeguraAlguazas, Ceutí, Lorquí, Molina de Segura e Las Torres de Cotillas

Notas