Conduto óptico

Na anatomía humana, a canle óptica ou conduto óptico[1] é un conduto de 10 mm de lonxitude situado na base do cranio polo que discorre o nervio óptico, que é o que transmite a información visual do ollo ao cerebro. Hai dúas canles ópticas, unha dereita e outra esquerda.[2]

Conduto óptico
1: Foramen etmoidal
2: Canalis opticus
3: Fissura orbitalis superior
4: Fosa sacci lacrimalis
5: Sulcus infraorbitalis
6: Fisura orbitalis inferior
7: Foramen infraorbital
Latíncanalis opticus, foramen opticum ossis sphenoidalis

Descrición

É unha canle ósea que parte do ápice da órbita no foramen óptico e atravesa a á menor do óso esfenoides até a fosa cerebral media na base do cranio. O nervio óptico percórreo acompañado pola arteria oftálmica e as fibras do sistema nervioso simpático.

Patoloxía

Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As lesións na cabeza poden provocar unha fractura a nivel da canle óptica que ás veces dana a estrutura do nervio óptico e provoca a perda total ou parcial da visión do ollo afectado. Por outra banda, algúns tumores como o glioma do nervio óptico provocan un aumento do diámetro do buraco óptico.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén


 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

----

 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.