Congo (novela)

Congo é unha novela de ciencia ficción de Michael Crichton que foi publicada en 1980. A novela céntrase nunha expedición na selva da conca do Congo que viaxa na procura de diamantes e de respostas ás misteriosas mortes da primeira expedición que foi enviada. Crichton chamaba a Congo unha novela de "mundo perdido" na tradición fundada por Henry Rider Haggard con As minas do rei Salomón.

Congo
Título orixinalCongo
Autor/aMichael Crichton
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Ciencia ficción, aventuras
EditorialKnopf
Data de pub.1980
Páxinas348
ISBNISBN 0-394-51392-4
Precedido porEaters of the Dead
Seguido porSphere
editar datos en Wikidata ]

Adaptación cinematográfica

En 1995 foi estreado Congo, un filme dirixido por Frank Marshall e protagonizado por Dylan Walsh, Laura Linney, Tim Curry e Ernie Hudson. En xeral recibiu críticas negativas, e foi nomeado a varios Premios Golden Raspberry, incluíndo peor filme. Malia isto, o filme tivo éxito entre o público, recadando $152 millóns en todo o mundo.

Influencias

O emprego da lingua de sinais pola gorila está inspirado en parte nos esforzos da doutora Penny Patterson para ensinar a lingua de sinais americana a Koko.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos