Copa Galicia de fútbol 1964/65

A Copa Galicia 1964/65 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron quince equipos galegos de Primeira, Segunda e Terceira División. O torneo foi disputado en forma de eliminatorias a dous partidos. Comezou en maio de 1965 e rematou en maio de 1966 xa que a final foi adiada en varias ocasións. Os equipos de primeira e segunda ficaron exentos ata os cuartos de final.

Os equipos participantes foron o Club Deportivo Arenteiro, o Coruxo Fútbol Club, o Club de Fútbol Calvo Sotelo, o Club Deportivo Lugo, o Alondras Club de Fútbol, a Agrupación Deportiva Couto, o Club Turista, o Club Lemos, o Arousa Sociedade Cultural, o Gran Peña Fútbol Club, o Real Club Deportivo da Coruña, o Real Club Celta de Vigo, o Club Deportivo Choco, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Deportivo Ourense.[1][2] Proclamouse campión o Pontevedra despois de derrota-lo Deportivo na final.[3]

Calendario

Primeira rolda

Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta
Calvo Sotelo0 - 6CD Lugo    0 - 1    0 - 5
Coruxo FC2 - 0Alondras    1 - 0    1 - 0
Arenteiro1 - 2Couto    1 - 0    0 - 2

Segunda rolda

Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta
Turista4 - 0Arousa SC    3 - 0    1 - 0
Club Lemos3 - 5CD Lugo    1 - 2    2 - 3
Couto1 - 3Choco    1 - 1    0 - 2
Coruxo FC    3 - 3(1)Gran Peña    1 - 0    2 - 3
(1) Por causa de remata-la eliminatoria en empate, xogouse un partido de desempate que acabou 3-3,[4] sendo preciso xogar un segundo desempate que finalizou 2-1 a favor do Coruxo.[5]

Cuartos de final

Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta
Choco 0 - 10Deportivo da Coruña    0 - 1    0 - 9
CD Lugo2 - 1Celta de Vigo    2 - 0    0 - 1
Coruxo FC3 - 6Pontevedra CF    2 - 1    1 - 5
Turista2 - 0CD Ourense    2 - 0    0 - 0

Semifinais

Equipo local idaResultadoEquipo visitante idaIdaVolta
Turista2 - 9Pontevedra CF    1 - 4    1 - 5
CD Lugo4 - 8Deportivo da Coruña    2 - 6    2 - 2

Final

Deportivo da Coruña 2 - 1Pontevedra CF28 de agosto de 1965Riazor, A Coruña
Lamelo  2'
Gullón  24'
Informe
Neme  27'
 
Pontevedra CF 5 - 0Deportivo da Coruña19 de maio de 1966Pasarón, Pontevedra
Fuertes  19'  80'
Neme  70'  88'
Vallejo  84'
Informe
 

Notas