Cuadríceps

O músculo cuadríceps femoral ou simplemente cuadríceps [1](denominación científica: musculus quadriceps femoris )[2] é o músculo máis potente e voluminoso de todo o corpo humano. É o que soporta o noso peso e permítenos andar, camiñar, sentar e correr. Denomínase cuadríceps por ter catro testas musculares. Atópase na cara anterior do fémur.[3]

Músculo cuadríceps femoral
Músculo cuadríceps femoral.
Músculo cuadríceps femoral (animación).
Latín'musculus quadriceps femoris'
Gray'spág.470
SistemaMuscular
ArteriaArteria femoral
Nervio(s)Nervio femoral
PrecursorExtensión de perna
MeSHQuadriceps+Muscle

Descrición

Músculos que o compoñen e a súa orixe

  • Músculo recto femoral ou recto anterior: Cobre o vasto intermedio e parte dos vastos medial e lateral. Orixínase na espiña ilíaca anteroinferior e cella cotiloidea, ambas as dúas no óso coxal.
  • Músculo vasto medial ou vasto interno: Cara antero-medial (cara á liña media ou cara interna) da coxa. Insérese na patela (rótula) e tibia. Ten unha orixe extensa que vai desde a parte distal (extremo medial inferior) da liña intertrocantérea até o labio medial da liña áspera, ambas as liñas pertencentes ao fémur.
  • Músculo vasto lateral ou vasto externo: Cara antero-lateral (cara externa) da coxa. Orixínase na parte superior da liña intertrocantérea, no trocánter maior, e bordo lateral da liña áspera.
  • Músculo vasto intermedio ou crural, situado entre os dous anteriores, na cara anterior do fémur e por baixo do recto femoral. É o máis profundo dos 4 ventres do cuadríceps. Orixínase nos dous terzos superiores das caras anterior e lateral do fémur.
Músculo cuadríceps femoral

Inserción

O catro ventres converxen e forman un tendón moi groso e potente chamado tendón do cuadríceps (ou cuadricipital), o cal se insere na base e costados da rótula. Logo este tendón pasa a constituír o ligamento ou tendón rotuliano, o cal vai desde o vértice da rótula até a tuberosidade anterior da tibia.

Función

Os cuadríceps son potentes extensores do artellamento do xeonllo. Son cruciais para camiñar, correr, saltar e porse en crequenas. Debido a que o recto femoral liga co óso ilio, tamén é un flexor da cadeira. Esta acción tamén é crucial para camiñar ou correr, xa que balancea a perna cara a adiante no seguinte paso. Os cuadríceps, especificamente o vasto medial, desempeñan a importante función de estabilización da rótula e o artellamento do xeonllo durante a marcha.[4]

Innervación

Nervio crural ou femoral (L2-L4).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos