Cyanocorax

xénero de aves

Cyanocorax é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos.[3][4][5]

Cyanocorax yncas
Cyanocorax mystacalis
Cyanocorax yucatanicus inmaturo

Comprende especies propias do Neotrópico que se distribúen desde o sur de Texas a través de México, América Central e do Sur até o centro da Arxentina.[6]

Características

As especies do xénero Cyanocorax son paxaros grandes que se encontran sobre todo en terras baixas (C. yncas é a única realmente montana) con corpos máis pesados que as do xénero Cyanolyca. A maioría presenta polo menos unha curta crista frontal. Poden dividirse en dous grupos: o primeiro, maiores, de iris escuro e xeralmente de colorido máis uniforme; o segundo de iris pálido, de patrón máis definido (usualmente de pelaxe branca polas partes inferiores e na punta da cola). Dúas especies, C. cristatellus e C. heilprini parecen ser unha ponte entre os dous grupos. Todos son paxaros atrevidos, vociferantes e, a miúdo, inquisitivos, que buscan o alimento en grupos de seis a oito individuos.[7]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1826 polo zoólogo alemán Friedrich Boie.[3][4]

Etimoloxía

O nome científico Cyanocorax está formado polos termos do grego antigo κύανος kýanos "azul escuro" e κóραξ kórax "corvo".[8][9] Literalmente: "os corvos de cor azul escuro".

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[3][5]

  • Cissilopha Bonaparte, 1850
  • Cyanacorax Blyth, 1846

Especies

Segundo o ITIS e a Unión Ornitolóxica Internacional na actualidade recoñécense as seguintes 17 especies:[4][10]

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos