Cyanocorax chrysops

Cyanocorax chrysops é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos pertencente ao xénero Cyanocorax.[2][3]

Propia da rexión Neotropical, encóntrase no centro-sur de América do Sur: no suroeste do Brasil, Bolivia, Paraguai, o Uruguai e o nordeste da Arxentina, incluídas as rexións d0 sur dos sistemas fluviais da conca do Amazonas que bordean o Pantanal.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1818 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[2][3], co nome de Pica chrysops,[2] na páxina 124 do seu traballo Nouveau Dictionnaire d'Histoire Naturelle Appliquée Aux Arts.

Etimoloxías

Para a do xénero ver Cyanocorax.

O epíteto específico, chrysops deriva do grego antigo χρυσώψ chrysṓps, "brillante como o ouro", fromado por χρυσός chrysós, "ouro" +‎ ὤψ ṓps, "ollo", "cara", "aparencia", "aspecto".

Sinónimo

Ademais de polo nome actualmente válido, coñeceuse tamén polo protónimo Pica chrysops Vieillot, 1818.[2]

Subespecies

Na actualidade recoñécense as seguintes catro subespecies:[2][3]

  • Cyanocorax chrysops chrysops (Vieillot, 1818)
  • Cyanocorax chrysops diesingii Pelzeln, 1856
  • Cyanocorax chrysops insperatus Pinto & Camargo, 1961
  • Cyanocorax chrysops tucumanus Cabanis, 1883

Características

É unha ave elegante de tamaño mediano, de plumaxe azul escura na cabeza de nas partes superiores, co peito e o ventre de cor amarela crema. A cola, longa, tamén é de cor crema pola parte inferior e na metade posterior da parte superior. As patas son de cor azul escura.

Distribución

A área de distribución de Cyanocorax chrysops esténdese desde a Rexión Sur do Brasil e o Uruguai, acercándose á costa do Atlántico Sur, pero a evita, aproximándose até unha franxa costeira de 400 a 150 km; a cordilleira costeira interior esténdese 3 500 km, desde o sur de São Paulo até o Rio Grande do Sul, na fronteira con Uruguai.

A distribución interior continúa no noroeste do Uruguai e esténdese ao noroeste polo norte da Arxentina, Paraguai e Bolivia e polo Pantanal no sur do Cerrado; a cordilleira esténdese en dous brazos, cara ao noroeste até o norte de Bolivia e cara ao nordeste até as cabeceiras do río Tapajós da conca do Amazonas.

Na conca do Amazonas, o centro de Bolivia é o límite noroeste da cordilleira, os afluentes da cabeceira do río Madeira que desemboca no nordeste; a seguinte cordilleira salta o río Guaporé (un afluente noroeste do Madeira), cara ao leste na fronteira entre o Brasil e Bolivia, e atópase a continuación na cabeceira do río Tapajós, e únese ao leste coa cabeceira extrema do río Xingú.

Unha área disxunta ocorre río abaixo no Tapajós e ao leste cara ao río Xingu, nunha zona de 850x750 km. Outras dúas poboacións localizadas atópanse na conca do Amazonas, unha no río Amazonas, a outra augas abaixo, no río Madeira.

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moigrande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar en diminución, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse ao limiar de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación. Non se cuantificou o tamaño da poboación, pero non se cre que se aproxime aos limiares de vulnerábel. Por estes motivos o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[1]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. & Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-2267-7630-1.
  • Tracewski, L., Butchart, S. H. M., Di Marco, M., Ficetola, G. F., Rondinini, C., Symes, A., Wheatley, H., Beresford, A. E. & Buchanan, G. M. (2016): "Toward quantification of the impact of 21st-century deforestation on the extinction risk of terrestrial vertebrates". Conservation Biology 30 (5): 1070-1079.

Outros artigos

Ligazóns externas