Cypripedium acaule
Cypripedium acaule | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cypripedium acaule | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Cypripedium acaule Aiton (1789) |
Cypripedium acaule é un membro do xénero de orquídeas Cypripedium, aparece descrita pola primeira vez na Phytographia de Leonard Plukenet en 1700 [1]. É a flor provincial da Illa do Príncipe Eduardo e de Nova Escocia no Canadá. De difícil cultivo comercial considérase en risco pola súa recollida ilegal para a venda[2].
Descrición
Esta orquídea distínguese polas súas dúas follas basais, sen pecíolo e pola súa gran flor rosa, e máis raramente abrancazada, de 8 a 10 cm de diámetro composta de tres sépalos e tres pétalos, e na súa metade, o labelo que se infla con forma de mocasín cunha fenda vertical sobre toda a súa lonxitude. Os estreitos pétalos laterais e os sépalos son de cor verde acastañado. A floración é de maio a agosto[3], o froito é unha cápsula compacta duns 4.5 cm de lonxitude, con forma de eixo.
Distribución
C. acaule atópase no terzo leste de América do Norte, desde Alabama e Tennessee nos Estados Unidos ata Nova Escocia e Terra Nova no Canadá[4] en especial no medio de bosques de pinos[5]