Detrás da máscara

novela de Louisa May Alcott

Detrás da máscara[1] (en inglés: Behind a Mask, or A Woman's Power) é unha novela escrita pola autora estadounidense Louisa May Alcott. A novela foi publicada orixinalmente en 1866 baixo o pseudónimo de A. M. Barnard en The Flag of Our Union. Ambientada na Gran Bretaña da época vitoriana, conta a historia de Jean Muir, a enganosa institutriz da rica familia Coventry. Cunha manipulación experta, Jean Muir obtén o amor, o respecto e a fortuna da familia Coventry.

Detrás da máscara
Título orixinalBehind a Mask, or A Woman's Power
Autor/aLouisa May Alcott
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial The Flag of Our Union
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1866
Galicia 2017
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas174
ISBNISBN 978-84-946538-1-0
TraduciónAntía Veres
editar datos en Wikidata ]

Dende que foi publicada de novo por Madeleine B. Stern en 1975, a novela salienta entre as reintepretacións críticas da obra de Alcott pola súa importancia literaria. Existe unha visión crítica que considera a novela unha versión do tropo da "Bela e a Besta", mentres que outros críticos fan unha crítica feminista da narrativa.

Foi traducido ó galego por Antía Veres[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2017. A tradución foi galardoada co I Premio Realia de Tradución Literaria.[3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía