Domingos Paciência

Domingos José Paciência Oliveira, coñecido simplemente como Domingos, nado en Leça da Palmeira o 2 de xaneiro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa.É pai do futbolista Gonçalo Paciência.

Domingos
Información persoal
NomeDomingos José Paciência Oliveira
Nacemento2 de xaneiro de 1969 (55 anos)
Lugar de nacementoLeça da Palmeira
Altura1,75 m.
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1980–1982Académica Leça
1982–1987Porto
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1987–1997Porto232(97)
1997–1999Tenerife50(6)
1999–2001Porto31(9)
Total313(112)
Selección nacional
1986Portugal sub-182(0)
1987–1989Portugal sub-214(0)
1989–1998Portugal35(9)
Adestrador
2001–2004Porto B (asistente)
2004–2005Porto B
2006–2007União de Leiria
2007–2009Académica de Coimbra
2009–2011Braga
2011–2012Sporting de Lisboa
2012–2013Deportivo da Coruña
2014Kayserispor
2014–2015Vitória de Setúbal
2015APOEL
2017–2018Belenenses
Na rede
UEFA: 1704 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Adestrador

O 21 de xuño de 2009 anunciouse a súa contratación polo SC Braga,[1] club que posicionou segundo ao remate da tempada 2009–10 por primeira vez na súa historia, conseguindo clasificarse para a UEFA Champions League, por primeira vez, na tempada 2010–11. Nesta competición o equipo quedou eliminado na fase de grupos; pero o seu terceiro posto permitiulle ser repescado para xogar a UEFA Europa League, onde tamén fixo historia: chegou á final do torneo, que perdeu contra o FC Porto (1–0) con gol do colombiano Radamel Falcao.[2]

En maio de 2011 foi anunciado como adestrador do Sporting de Lisboa de cara á tempada 2011–12.[3] O 13 de febreiro de 2012 rescindiu o seu contrato co club lisboeta ao encadear unha mala racha de resultados, sendo substituído por Ricardo Sá Pinto.[4]

O 30 de decembro de 2012 foi anunciado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, en substitución de José Luis Oltra.[5] O seu debut no banquiño do conxunto galego saldouse cunha vitoria fronte ao Málaga CF en Riazor, dous meses despois da última vitoria do Deportivo.[6] O 11 de febreiro de 2013 deixou de ser adestrador do club galego, logo de 1 vitoria, 1 empate e 4 derrotas.[7]

Palmarés

Xogador

Porto
  • Liga de Portugal: 1987–88, 1989–90, 1991–92, 1992–93, 1994–95, 1995–96, 1996–97
  • Copa de Portugal: 1987–88, 1990–91, 1993–94, 1999–2000, 2000–01
  • Supercopa de Portugal: 1991, 1992, 1994, 1995, 1999, 2000

Adestrador

Braga

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas