EURECA

Satélite artificial europeo.

EURECA (acrónimo de European Retrievable Carrier) foi un satélite artificial da ESA lanzado na bodega do transbordador espacial Atlantis desde Cabo Cañaveral durante a misión STS-46.[2][4]

EURECA
Recuperación de EURECA durante a misión STS-57.
TipoExperimental / tecnolóxico.
OrganizaciónESA
Destino actualRecuperado.
Data de lanzamento2 de agosto de 1992[1][2][3]
Foguete portadorTransbordador espacial Atlantis[2][3][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][5]
Obxectivo da misiónInvestigación en materiais, ciencias da vida e radiobioloxía.[2]
Regreso1 de xullo de 1993, co regreso da misión STS-57[6]
NSSDC ID1992-049B
Masa4491 kg[2][5]
Potencia1,5 kW[6]
BateríasCatro baterías de níquel-cadmio cunha capacide de 40 amperios-hora.

Características

EURECA foi un satélite deseñado para ser soltado desde o transbordador espacial e ser recuperado tras un tempo por outro transbordador. Aínda que era reutilizable só voou unha vez.[2]

Na súa primeira e única misión levou a cabo investigacións relacionadas con materiais, bioloxía e radiobioloxía baixo un contorno de microgravedade e realizou experimentos sobre observación terrestre, física solar e espacial e astrofísica.[2]

A estrutura do satélite estaba feita de fibra de carbono e titanio. A alimentación eléctrica, unha vez soltado da bodega de carga do transbordador, era proporcionada por un par de paneis solares que alimentaban catro baterías de níquel-cadmio cunha capacide de 40 amperios-hora.[2]

O satélite orientábase nos tres eixos mediante un sistema de torque magnético xunto con sistema de reacción alimentado por nitróxeno. Foi recuperado durante a misión STS-57 polo transbordador Endeavour.[2]

Experimentos

EURECA levaba 15 experimentos a bordo:[4]

Solta do satélite EURECA desde a bodega do transbordador Atlantis.
  • Solution Growth Facility (SGF) (Bélxica): experimento para estudar o crecemento de monocristais a partir de disolucións.[6]
  • Protein Crystallization Facility (PCF) (Alemaña): para o estudo da cristalización de proteínas no espazo.
  • Exobiology and Radiation Assembly (ERA) (Alemaña): usado para experimentos sobre os efectos biolóxicos da radiación no espazo.[6][7]
  • Multi-Furnace Assembly (MFA) (Italia): para o estudo de materiais.[6]
  • Automatic Mirror Furnace (AMF) (Alemaña): forno óptico para estudar o crecemento uniforme de cristais únicos a partir das fases de líquido ou vapor.[6]
  • Surface Forces Adhesion Instrument (SFA) (Italia): para o estudo da dependencia de forzas superficiais e enerxías internas con outros parámetros físicos.[6]
  • High Precision Thermostat Instrument(HPT) (Alemaña): instrumento para experimentos a longo prazo que necesiten condicións de microgravedade e medicións de alta precisión de temperatura e control.[6]
  • Solar Constant and Variability Instrument (SOVA) (Bélxica): radiómetro para a medición da constante solar.[6][8][9]
  • Solar Spectrum Instrument (SOSP) (Francia): estudo da física solar e da relación entre o Sol e a Terra nos campos da aeronomía e a climatoloxía.[6][10]
  • Occultation Radiometer Instrument (ORI) (Bélxica): adicouse a estudar a densidade dos aerosois e gases traza na mesosfera e exosfera terrestres.[6][11][12]
  • Wide Angle Telescope (WATCH) (Dinamarca): tratábase dun telescopio de raios gamma e raios X para o estudo das explosións de raios gamma e das fontes de raios X con enerxías no rango entre 6 e 150 keV.[6][13]
  • Timeband Capture Cell Experiment (TICCE) (Reino Unido): estudo da poboación de micropartículas no espazo próximo á Terra.[6]
  • Radio Frequency Ionization Thruster Assembly (RITA) (Alemaña): estudo da propulsión iónica eléctrica no spacio.[6][14][15]
  • Inter-Orbit Communications (IOC) (Francia/Países Baixos): experimento tecnolóxico.[6]
  • Advanced Solar Gallium Arsenide Array (ASGA) (Italia): experimento tecnolóxico para medir o rendemento de novas células solares.[6][16]

Notas