Economía de Cimbabue

A economía de Cimbabue era unha das máis fortes de África, pero deteriorouse enormemente a partir da toma do poder por Robert Mugabe. Nos últimos anos o desemprego chegou ao 94%[3] e a inflación atinxiu o 100.000%,[4] a maior do mundo, seguido polo 40% de Birmania.

Economía de Cimbabue
Moedadólar estadounidense, rand, pula
Organizacións comerciais de que fai parteOMC
Datos estatísticos[1]
PIB6 909 millóns (2012)
Posición do PIB160ª no mundo[2]
Crecemento do PIB5% (2012)
PIB per cápita500 (2012)
PIB por sectoragricultura 20,3%, industria 25,1%, comercio e servizos 54,6% (2012)
Inflación8,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo3.909.000 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 66%, industria 10%, servizos 24% (1996)
Desemprego95% (2009)
Industriasminería (carbón, ouro, platino, cobre, níquel, estaño, arxila), aceiro; produtos de madeira; cemento, produtos químicos, fertilizantes, roupas e calzados, alimentos e bebidas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións3 314 millóns (2012)
Produtos de exportaciónplatino, algodón, tabaco, ouro, ferroligas, téxtiles / roupas
Principais mercadosSuráfrica 17,3%, República Popular da China 16,9%, República Democrática do Congo 11,7%, Botswana 10,5%, Italia 6,1% (2011) (2012)
Importacións4 675 millóns (2012)
Principais produtos importadosmáquinas e material de transporte, outros fabricantes, produtos químicos, combustibles, produtos alimenticios
Finanzas públicas[1]
Débeda externa6 975 millóns (2012)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible
Plantación de sorgo no Cimbabue.

A economía do país volveu crecer a pesar de continuar a incerteza política. Despois dunha década de recesión, entre o 1998 e o 2008 o Cimbabue rexistrou un crecemento de máis de 9% ao ano entre o 2010 e o 2011, antes de caer para 5% o 2012,[1] parte debido ás malas colleitas e ás baixos ingresos coa exportación de diamante.[1]

O país ten reservas de cromita, carbón, asbesto, cobre, níquel, ouro, ferro e platino. Con todo, os problemas políticos e a maior taxa de Sida do mundo obstaculizan o seu progreso. As políticas de Mugabe en materia de reforma agraria trouxeron consigo axitacións internas, desprazamentos da poboación, unha inflación desorbitada e a incapacidade do país para abastecer á súa poboación. A pesar da hiperinflación ter sido controlada, o goberno do país aínda enfronta difíciles problemas económicos, tales como as deficiencias na infraestrutura e nas regulacións, tensións raciais, incerteza política, unha grande débeda externa e insuficientes empregos formais para a poboación.[1]

Notas