Botswana

país de África

Botswana[1][2] ou Botsuana,[3] cuxo nome oficial é República de Botswana (en inglés Republic of Botswana, en setsuana Lefatshe la Botswana), é un país soberano sen saída ao mar do sur de África, sendo a súa forma de goberno a república parlamentaria.

Modelo:Xeografía políticaBotswana
Imaxe

HimnoFatshe leno la rona Editar o valor em Wikidata

Lema«Rain»
«Pula»
«Дъжд» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aPobo tswana Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°12′S 23°42′L / -22.2, 23.723°42′L / -22.2, 23.7
CapitalGaborone Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Central (pt) Traducir
Distrito do Sul (pt) Traducir
Ghanzi (pt) Traducir
Kgalagadi (pt) Traducir
Kgatleng (pt) Traducir
Kweneng (pt) Traducir
Nordeste (pt) Traducir
Noroeste (pt) Traducir
Sudeste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Escindido deReino Unido Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.291.661 (2017) Editar o valor em Wikidata (3,94 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie581.737 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,5 % Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Otse (pt) Traducir (1.491 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Limpopo (513 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1966 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataMokgweetsi Masisi (2018–) Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataMokgweetsi Masisi Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly of Botswana (en) Traducir , (Escano: 63) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal18.737.066.307 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
PIB per cápita6.710,99 $ (2020) Editar o valor em Wikidata
MoedaPula Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bw Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+267 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911, 997 (en) Traducir, 998 (en) Traducir e 999 Editar o valor em Wikidata
Código de paísBW Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.bw Editar o valor em Wikidata

O seu territorio está dividido en nove distritos. A súa capital é a cidade de Gaborone.[4]

O outrora protectorado británico de Bechuanalandia, Botswana adoptou o seu novo nome ó acadar a súa independencia en 1966.

Xeograficamente o país esténdese sobre un terreo chairego, co 70% da súa superficie cuberta polo deserto de Kalahari. Limita con Suráfrica polo sur e sueste, con Namibia polo oeste e polo norte, con Cimbabue polo nordeste e con Zambia polo norte nun só punto. Ocupa o posto 48 na lista de países por superficie.[5]

O país tratou de diversificar a súa economía nos últimos anos, aínda que no 2008 dependía en gran medida dos servizos (45,2%), a industria (52,9%), e a agricultura (1,9%), estreitamente ligado co comercio de Suráfrica.[6]

Goberno e Política

Botswana está gobernada en forma de república parlamentaria. O Presidente de Botswana é elixido cada cinco anos e é o xefe de Estado e xefe de goberno do país. O Partido Democrático de Botswana gañou todas as eleccións desde a independencia (1966). O poder lexislativo exérceo a Asemblea Nacional, un Parlamento unicameral con 63 membros na actualidade.

Mapa actual dos distritos de Botswana.

Botswana está dividida en nove entidades:

  1. Central
  2. Ghanzi
  3. Kgalagadi
  4. Kgatleng
  5. Kweneng
  6. Nordés
  7. Noroeste
  8. Sueste
  9. Sur

Xeografía

Bostwana limita ó norte con Zambia, ó leste con Cimbabue, ó sur con Suráfrica e ó oeste e ó norte con Namibia. O país está dominado polo deserto do Kalahari.

Economía

Artigo principal: Economía de Botswana.

Demografía

Alfabetización do 77%. A maioría da poboación é de etnia tswana. En 2009 estimouse que 25.4% dos adultos era portador da SIDA, cifra que baixou a 21.9% en 2013. No 2009 estimábase un total de 320.000 persoas infectadas.[7]

A esperanza de vida ao nacer era de 55 anos en 2009 segundo o Banco Mundial, baixando anteriormente dun pico de 64.1 en 1990 a un mínimo de 49 en 2002. Despois do censo de Botswana en 2011, a esperanza de vida actual estímase en 63.8 anos.[8]

Notas


 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: