Economía de Filipinas

Filipinas forma parte do tratado internacional chamado APEC (Asia-Pacific Economic Cooperation), un bloque económico que ten por obxectivo transformar o océano Pacífico nunha área de libre comercio englobando economías asiáticas, americanas e de Oceanía.

Economía de Filipinas
MoedaPeso filipino
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, APEC, ASEAN e outras
Datos estatísticos[1]
PIB423,7 mil millóns (2012)
Posición do PIB37ª no mundo[2]
Crecemento do PIB6,6% (2012)
PIB per cápita4 300 (2012)
PIB por sectoragricultura 11,9%, industria 31,1%, servizos 57% (2012)
Inflación3,2% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo40.360.000 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 32%, industria 15%, servizos 57%
Desemprego7% (2012)
Industriaselectrónica (montaxe), roupas, calzados, fármacos, produtos químicos, produtos de madeira, procesamento de alimentos, refinado de petróleo, pesca
Parcerías comerciais[1]
Exportacións50,96 mil millóns (2012)
Produtos de exportaciónsemicondutores e produtos electrónicos, equipamentos de transporte, roupas, produtos de cobre, produtos de petróleo, aceite de coco, froitas
Principais mercadosXapón 19%, Estados Unidos 14,2%, República Popular da China 11,8%, Hong Kong 9,4%, Singapur 9,2%, Corea do Sur 5,5% (2012)
Importacións65 mil millóns (2012)
Principais produtos importadosprodutos electrónicos, combustibles minerais, máquinas e equipamentos de transporte, ferro e aceiro, téxtiles, grans, produtos químicos, plásticos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa61,72 mil millóns (2012)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible

É considerado un país en desenvolvemento. O seu PIB ocupa o 37º lugar entre 178 nacións, en función da paridade do poder de compra. Unha das principais actividades económicas é a industrialización de alimentos. A súa produción agrícola consiste principalmente en copra, millo, cánabo, arroz, cana de azucre e tabaco. Posúe tamén explotacións mineiras de cromo, cobre, ouro, ferro, chumbo, manganeso e prata.

Os gastos do goberno, o aumento do consumo e o envío de diñeiro por filipinos residentes no exterior impulsaron a economía do país, elevando o crecemento a máis do 6% en 2007.

Notas

🔥 Top keywords: