Eduardo Amador Corzo

político galego

Eduardo Amador Corzo, coñecido como Corzo, nado en Monforte de Lemos cara a 1898, foi un político socialista galego.

Infotaula de personaEduardo Amador Corzo
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata (125/126 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Agustín Amador e Josefa Corzo. Veciño de Montefurado. Militante do PSOE. Foi elixido concelleiro de Quiroga nas eleccións do 12 de abril de 1931.[1] Presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 e foi elixido concelleiro ao ser o candidato máis votado no distrito de Montefurado.[2] Tomou parte nos actos de protesta contra o alcalde monárquico de Quiroga Julio Maseda Cadórniga a principios de 1933.[3] Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, foi procesado por movementos sediciosos,[4] e por delito contra os medios de comunicación por medio de explosivos con Marcelino Fernández Prada e Álvaro Novas Rodríguez.[5] Permaneceu fuxido até a amnistía decretada trala vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, cando retornou a Quiroga, sendo recibido en San Clodio de Ribas de Sil xunto con Juan Tizón Herreros e Ramón Somoza Álvarez.[6] Participou nos actos do 1 de maio en Quiroga,[7] e en mitins socialistas como o de Vilar de Lor en maio de 1936.[8]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Foi procesado por rebelión na causa 98/37 xunto con José Campos, Julián Mateo e Félix Crespo Mondelo, publicándose en abril de 1937 unha requisitoria contra eles.[9] Foi expedientado por responsabilidades políticas en 1938,[10][11] e indultado do resto da sanción en 1961.[12]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas