Edwin Nicholas Arnold

Edwin Nicholas "Nick" Arnold, nado o 16 de outubro de 1940 e finado o 23 de setembro de 2023,[1][2] foi un herpetólogo británico.

Infotaula de personaEdwin Nicholas Arnold
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1940
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
Actividade
Campo de traballoZooloxía, Herpetoloxía e curadoria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónherpetólogo
EmpregadorMuseo de Historia Natural de Londres
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

BNE: XX835799

Traxectoria

Ex conservador de herpetoloxía no Museo de Historia Natural de Londres, Arnold fixo achegas fundamentais á herpetoloxía de Europa e de África do Norte, especialmente en xecos e en lagartos da familia dos lacértidos.

Descubriu e describiu 36 especies e 4 subespecies de réptiles,[3] e atribúeselle tamén a descrición de Australolacerta australis.[4][5]

Escribiu A Field Guide to the Reptiles and Amphibians of Britain and Europe, da que se publicaron varias edicións.[6]

Algunhas publicacións

  • 1973. "Relationships of the Palearctic lizards assigned to the genera Lacerta, Algyroides and Psammodromus (Reptilia: Lacertidae)". Bulletin of the British Museum (Natural History), Zoology 25: 289-366.
  • 1978. A Field Guide to Reptiles and Amphibians of Britain and Europe. (Ilustrado por D. W. Ovenden). Londres: Collins. ISBN 0-0021-9318-3.
  • 1989. "Towards a phylogeny and biogeography of the Lacertidae: relationships within an old-world family of lizards derived from morphology". Bulletin of the British Museum, Natural History (Zoology) 55 (2): 209-257.
  • 2007. "Systematics of the Palearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with decriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1-86. Con Óscar Arribas e Salvador Carranza.
  • 2009. "Relationships, evolution and biogeography of Semaphore geckos, Pristurus (Squamata, Sphaerodactylidae) based on morphology". Zootaxa 2060: 1-21.

Honores

Polo menos catro especies de réptiles foron nomeadas en honor de Arnold:[3][7]

  • Hemidactylus arnoldi Lanza, 1978
  • Asaccus arnoldi Simó-Riudalbas, Tarroso, Papenfuss, Al-Sariri & Carranza, 2017
  • Mesalina arnoldi Sindaco, Simó-Riudalbas, Sacchi & Carranza, 2018
  • Dipsochelys arnoldi Bour, 1982 (Ás veces considerada como unha subespecie de Aldabrachelys gigantea)

Abreviatura

A abreviatura Arnold enprégase para recoñecer a Edwin Nicholas Arnold como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas