Eleccións xerais de España de 1923

As eleccións xerais de España de 1923 foron convocadas para o 29 de abril de 1923 e celebradas baixo o sufraxio universal masculino.

Eleccións xerais de España de 1923
 ← 1920 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1931 Editar o valor em Wikidata  → 
Data29 de abril de 1923 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido437 deputado no Congreso dos Deputados Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado4.782.347 Editar o valor em Wikidata
2.056.974
   43.01٪
Número de votos válidos2.056.974    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
2>
PL  — Manuel García Prieto
979.435   47.62٪
Deputado 223
2>
PLC  — José Sánchez Guerra
591.026   28.73٪
Deputado 124
2>
Partido Reformista  — Melquíades Álvarez González-Posada
129.225   6.28٪
Deputado 15
2>
Lliga Regionalista  — Francesc Cambó
110.007   5.35٪
Deputado 22
2>
PSOE  — Pablo Iglesias Posse
38.151   1.85٪
Deputado 7
2>
PRR  — Alejandro Lerroux
17.189   0.84٪
Deputado 5

Foron as derradeiras eleccións a Cortes Xerais convocadas na Restauración borbónica e, polo tanto, dentro do sistema de quendas de partidos dinásticos implantado coa Constitución española de 1876, carta magna que sería suspendida en setembro dese mesmo ano polo golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera. Quen ostentaba o cargo de presidente do Goberno ata a data das eleccións foi Manuel García Prieto.

As eleccións estiveron marcadas pola debilidade extrema do sistema político e a gran conflitividade social debido á guerra do Rif e os disturbios en Barcelona. O Partido Conservador estaba sumido nunha profunda crise de liderado desde o asasinato de Eduardo Dato, mentres o Partido Liberal presentábase moi dividido en diferentes faccións.

A maioría liberal permitiu que os principais líderes liberal-progresistas ocupasen as principais maxistraturas do Estado. Melquíades Álvarez foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados e Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta foi o presidente do Senado. O xefe do goberno foi Manuel García Prieto, elixido co apoio do Partido Liberal e do Partido Reformista.

Ambas cámaras foron disoltas pola ditadura de Primo de Rivera cinco meses despois, o 13 de setembro de 1923.

Composición do Congreso

Eleccións Xerais en España, 29 de abril de 1923

PartidoEscanosLíder
Partido Liberal182Manuel García Prieto
Liberal-demócratas87Manuel García Prieto
Liberais47Álvaro de Figueroa y Torres
Esquerda liberal25Santiago Alba Bonifaz
Liberais agrarios10Rafael Gasset Chinchilla
Liberais nicetistas6Niceto Alcalá-Zamora
Liberais independentes7
Partido Conservador125José Sánchez Guerra y Martínez
Conservadores90José Sánchez Guerra y Martínez
Conservadores ciervistas15Juan de la Cierva Peñafiel
Conservadores mauristas10Antonio Maura
Conservadores datistas5
Conservadores independentes5
Lliga Regionalista20Francesc Cambó
Partido Reformista18Melquíades Álvarez
Partido Socialista Obreiro Español7Pablo Iglesias Posse
Partido Republicano Radical5Alejandro Lerroux
Partido Nacionalista Vasco1Manuel Aranzadi Irujo
Acción Católica1Luís García Guijarro
Agrarios1Cándido Casanueva Gorjón
Carlistas e Integristas1
Republicanos diversos13Lluís Companys

Joaquim Pi i ArsuagaFrancesc Macià

Demócratas3
Outros, independentes ou indefinidos29
Vacantes31
Total437

Resultados en Galicia

Galicia contaba en 1923 con 45 deputados repartidos do seguinte xeito:

A Coruña (14 deputados)

Juan Armada Losada.

Pontevedra (11 deputados)

Rafael Gasset Chinchilla.

Lugo (11 deputados)

Ourense (9 deputados)

Véxase tamén