Aciñeira

especie de planta
(Redirección desde «Enciñeira»)
Aciñeira

Quercus ilex
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Hamamelidae
Orde:Fagales
Familia:Fagaceae
Xénero:Quercus
Subxénero:Quercus
Sección:Quercus
Especie:Q. ilex
Nome binomial
Quercus ilex
L.
Subespecies
  • Q. ilex subsp. ilex (aciñeira)
  • Q. ilex subsp. ballota (carrasca)

A aciñeira[1] ou carrasca (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.

Morfoloxía

Acada unha altura de 20–27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes.

Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Están cubertas parcialmente por unha cúpula escamuda e teñen un pedúnculo curto. As landras maduran no outono (de outubro a novembro) e son doces.

A súa madeira é moi dura, pesada, forte e resistente de difícil modelación, con gretas pouco fondas. Emprégase para facer rodas, aparellos de labranza, para combustible e carbón vexetal.

Hábitat

Os aciñeirais son bosques característicos do sur de Europa de clima mediterráneo, en terras secas do litoral de Francia, Italia e Península Ibérica. En Galiza está presente nas provincias de Ourense e Lugo, na zona que fai fronteira con León e Zamora.

Adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos