Escribenta das hortas

A escribenta das hortas,[2] ou escribente hortelán[3], de nome científico Emberiza hortulana, é unha ave da familia das Emberizidae.

Emberiza Hortulano

Morfoloxía e hábitos

É unha ave duns 16,5 centímetros de lonxitude e 25 gramos de peso. OS machos presentan unha cabeza gris cunha carúncula ocular marela. A gorxa e queixo son tamén amarelos. O lombo e a rabadilla son pardos, namentres a parte inferior do corpo é cor canela. As femias e xoves son máis discretos e con cores máis esluídas.

É unha ave frecuente nas zonas de agro con árbores dispersas. Tamén se atopa en extensións agrarias amplas e de secaño. Xeralmente o seu límite de distribución son os 1500 metros de altitude, aínda que excepcionalmente pode chegar ós 2000 metros. Aliméntase de sementes e insectos.

Reprodución

O período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 4-6 ovos. O niño, con forma de cunca, adoita estar preto do chan. O tempo de incubación é de 13 días. Os polos permanecen no niño entre 9 e 13 días trala eclosión.

Distribución

De abril a setembro é unha ave común en Asia Menor, o Cáucaso e en toda Europa, excepto nas Illas Británicas, o sur da Península Ibérica, o sur de Suecia e amplas zonas de Francia, Alemaña e os Países Baixos. Hiberna na África Tropical. A migración realízaa polas noites.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)