Escudo das Illas Malvinas

escudo das Illas Malvinas foi oficialmente adoptado o 29 de setembro de 1948. Consiste nun barco que representa ó Desire, que segundo o Reino Unido foi o navío co que o capitán británico John Davis descubriu as illas Malvinas en 1592.[1] O lema Desire the Right («Desexa o xusto»), atópase ó pé e tamén fai referencia ó nome do barco. Por último, o carneiro branco representa a cría de ovellas, que sempre foi a principal actividade económica das illas, e a herba verde está como mostra da vexetación autóctona de tussok, existente en todo o arquipélago.[2]

Escudo das Illas Malvinas
Detalles
ArmigerIllas Malvinas
Adoptado29 de setembro de 1948
DivisaDesire the Right («Desexa o xusto»)

Notas