Apeadoiro de Begonte

estación de ferrocarril en Begonte
(Redirección desde «Estación de Begonte»)

7°41′11″O / 43.1492, -7.68643

Begonte é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na vila de Begonte, na provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Begonte
Estación de Begonte.
SituaciónBegonte
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 453,2 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Rábade e Baamonde. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

LiñasTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
4MDA Coruña<>Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas