10 de outubro

data
<<Outubro>>
LuMaXoVeDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
2024
Todos os días
9 de outubro
 
10 de outubro
 
11 de outubro

O 10 de outubro é o 283º día do ano do calendario gregoriano (284º nos anos bisestos). Quedan 82 días para finalizar o ano.

Acontecementos

  • 1955: O ministro soviético de Asuntos Exteriores Viacheslav Molotov afirma que na URSS non se logrou aínda a construción do socialismo.
  • 1957: Grave accidente no reactor nuclear británico de Windscale.
  • 1958: Patrice Lumumba crea no Congo belga o Movemento Nacional Congolés.
  • 1962: 100 chineses e 24 indios morren no curso das operacións militares no Nepal.
  • 1963: Estréase en España a película Matar un reiseñor, protagonizada por Gregory Peck.
  • 1963: Arxentina: Arturo Umberto Illia asume a presidencia da nación.
  • 1964: Transmítese vía satélite o primeiro programa comercial, directamente dende o Xapón aos Estados Unidos.
  • 1964: O francés Jean Paul Sartre renuncia ao Premio Nobel de Literatura.
  • 1965: Turquía: A vitoria do Partido da Xustiza favorable ás iniciativas de EUA terá que facer fronte ás protestas dos estudantes de esquerdas.
  • 1966: España gasta na investigación o 0,2% da súa renda.
  • 1967: Celébranse eleccións en España para cubrir 108 procuradores en Cortes para o terzo familiar.
  • 1968: En España 200 mestres non numerarios (PNN) da Facultade de Ciencias Económicas e Políticas deciden non iniciar, polo momento, ningunha actividade docente.
  • 1968: Francia: A asemblea aproba a lei de orientación do ensino superior que marca dous grandes principios: autonomía e participación.
  • 1970: Fidxi obtén a independencia.
  • 1971: O Partido Socialista Austríaco, encabezado por Bruno Kreisky, consegue a maioría absoluta nas eleccións celebradas para o Consello Nacional.
  • 1972: A policía retirase das universidades de Madrid, ocupadas dende 1968.
  • 1974: As eleccións lexislativas do Reino Unido dan como vencedor, por lixeira maioría, o Partido laborista, con tres escanos mais cos conservadores.
  • 1978: Inauguración da mostra de Arte Vasco-78, en Bilbao.
  • 1978: Kenya: Daniel Arap Moi sucede na presidencia a falecido Jomo Kenyatta e converterase no líder da KANU.
  • 1979: Os vietnamitas de Camboxa acosan os khemeres vermellos, repregados no norte do país.
  • 1980: Centos de mortos nun tremor que sacode a rexión alxerina de Al Asnam.
  • 1983: Isaac Shamir, primeiro ministro do Goberno de Israel.
  • 1983: Elementos antisandinistas provocan un incendio no porto nicaraguano de Corinto.
  • 1984: Nicolás Ardito Barletta toma posesión do cargo de presidente de Panamá.
  • 1984: O Papa Xoán Paulo II realiza unha escala de cinco horas en Zaragoza, na súa viaxe a Santo Domingo e Porto Rico.
  • 1984: Polonia: Tralo asasinato do vicario da parroquia obreira e defensor popular, Jerzy Popielusko. Tres oficiais de seguridade serán detidos por este crime.
Rainbow Warrior
  • 1986: Dous terremotos na capital salvadoreña causan a morte a unhas 900 persoas, feridas a 10 000 e danos materiais a máis de 200 000.
  • 1987: O ciclista italiano Francesco Moser bate o récord da hora de ciclismo e o deixa nos 48,637 km.
  • 1988: Lubomir Strougal, primeiro ministro checoslovaco, presenta a súa dimisión oficial tras 18 anos no cargo e é substituído por Ladislav Adamec.
  • 1989: O ministro de Industria e Enerxía, Claudio Aranzadi, presenta o novo Plan de Enerxías Renovables, polo que España deberá investir nos próximos sete anos 150 000 millóns de pesetas para equipara-la utilización de novas fontes enerxéticas previstas pola CE.
  • 1991: Os "doce" aceptan, en Bruxelas, coa oposición do Reino Unido e Portugal, o futuro poder de codecisión lexislativa do Parlamento Europeo.
  • 1992: Constitución do Padroado do Instituto Cervantes, co obxectivo de promove-la expansión do idioma español no mundo.
  • 1993: O Movemento Socialista Panhelénico gaña as eleccións parlamentarias en Grecia co 48% dos votos.
  • 1994: Akihito e Michiko inician en Madrid a primeira visita oficial na historia duns emperadores do Xapón a España.
  • 1995: Prosegue o avance bosníaco-croata sobre o oeste de Bosnia e Hercegovina coa conquista de Mrkonjic e Sanski Most, derradeira defensa de importancia na ruta que leva a Banja Luka.
  • 1997: Premio Nobel da Paz a Campaña Internacional contra as Minas Antipersoas (ICBL).
  • 1997: O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que regula o Himno Nacional español. Días antes, o Estado adquirira os dereitos da "Marcha Real" por 130 millóns de pesetas.
  • 1999: O Partido Socialista de Portugal vence nas eleccións xerais celebradas neste país, aínda que sen maioría absoluta.
  • 1999: O equipo español de golf, integrado por José María Olazábal, Miguel Ángel Jiménez e Sergio García, gaña por primeira vez a copa Dunhill, considerada como o campionato do mundo por equipos.
  • 1999: Óscar Freire gaña con 23 anos o Campionato do Mundo de ciclismo en ruta. Repite así a conquista de Abraham Olano en 1995.
  • 2000: Jack S. Kilby recibe o Premio Nobel de Física "ex aequo" con Herbert Kroemer e Zhores Alfiorov.
  • 2000: Os estadounidenses Alan Heeger e Alan McDiarmid e o xaponés Hideki Shirakawa reciben o Premio Nobel de Química.
  • 2002: 25 persoas morren ao estourar unha bomba colocada pola guerrilla separatista chechena nunha comisaría de policía no Grozni.
  • 2002: Co asasinato en Virxinia dun home que recargaba nunha gasolineira, o "francotirador de Washington" cóbrase a súa novena vítima.
  • 2002: Un millón de persoas, convocadas pola Coordinadora Democrática, concéntrase en Caracas para esixir a dimisión do presidente venezolano Hugo Chávez.
  • 2002: O poeta valenciano Carlos Marzal gaña o Premio Nacional de Poesía coa súa obra “Metais pesados”.
  • 2003: O príncipe Johan Friso dos Países Baixos, segundo fillo da raíña Beatriz, renuncia os seus dereitos sucesorios para casar con Mabel Wisse.
  • 2003: O Goberno español denega o indulto aos "Albertos" (Alberto Cortina e Alberto Alcocer); coñecidos empresarios, condenados por un delito de estafa e falsidade documental.
  • 2003: O rei de Marrocos, Mohamed VI, impulsa unha reforma legal contra a discriminación das mulleres.

Nacementos

Mercè Rodoreda
Tanya Tucker
Gavin Newsom

Mortes

Festas e celebracións

  • Día Mundial da Saúde Mental
  • Día Mundial Contra a Pena de morte

Outros

  • Santoral: San Gonzalo, Tomé de Villanueva, Claro, Pinito, Paulino, Cerbonio (Bispos); Eulampio e Eulampia, Venancio, Daniel, Samuel, Anxo, León, Nicolao, Hugolino, Xereón, André, Demetrio, Tiberio, Alderico, Basian, Víctor, Casio e Florencio (Mártires); Teófilo (Monxe); Zacarías e Francisco de Borxa (Confesores); Daniel Comboni (fundador dos Misioneiros Combonianos). Calendario Romano: Tesmoforias.

Os 366 días do ano

🔥 Top keywords: