Estación de Puertollano

4°06′42″O / 38.6914, -4.11168

A estación de Puertollano é unha estación de tren de Adif da cidade de Puertollano, na provincia de Cidade Real. Foi inaugurada en 1992 coa posta en marcha da liña de alta velocidade Madrid-Sevilla, substituíndo á histórica estación de 1864. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Puertollano
SituaciónPuertollano (Cidade Real)
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portavultos
Liñas
Alta velocidadeAVE
Longa DistanciaAlvia, Altaria
Media distanciaAvant, Intercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria

A estación que se atopa situada a 711 metros de altitude forma parte dos trazados das seguintes liñas de ferrocarril:

Historia

O ferrocarril chegou a Puertollano o 19 de agosto de 1864 coa apertura do tramo Cidade Real-Puertollano da liña que buscaba unir Cidade Real con Badaxoz.[3] A compañía dos Ferrocarrís de Cidade Real a Badaxoz foi a impulsora da liña e a súa xestora ata o 8 de abril de 1880 data na cal foi absorbida por MZA.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparación de MZA e a súa integración na recentemente creada Renfe.

En 1991 iniciouse a construción dunha nova estación para dar servizo á primeira liña de alta velocidade construída en España, a Madrid-Sevilla. O recinto foi inaugurado un ano despois integrándose nel o novo trazado e o trazado convencional. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota as liñas existentes mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias incluíndo a estación.

A estación

O edificio levantado en 1992 é un recinto formado por un pavillón central baseado en dous enormes alicerces realizados con ladrillos vistos de gran sobriedade e varios anexos laterais. Conta con puntos de información, venda de billetes, máquinas expendedoras, aseos, e varios locais comerciais entre os que hai unha cafetería, tendas de agasallos e empresas de alugueiro de coches.

O acceso ás plataformas, un lateral e dous centrais, realízase principalmente grazas pasos subterráneos ou ascensores a excepción da plataforma lateral á que se pode acceder directamente. Foi dotada con catro vías de ancho internacional (dous sen acceso a plataforma) e tres vías de ancho ibérico.

No exterior dispón de varias zonas de aparcadoiro habilitadas, así como paradas de taxi e autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios

Longa Distancia

Actualizados a 4 de xullo de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
AVEMadrid-Puerta de AtochaCidade Real · Puertollano · CórdobaSevilla-Santa Justa11/19 trens diarios por sentido
AVEMadrid-Puerta de AtochaCidade Real · Puertollano · Córdoba · Puente Genil-Herrera · Antequera-Santa AnaMálaga-María Zambrano5 trens diarios por sentido
AVEBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Cidade Real · Puertollano · CórdobaSevilla-Santa Justa1 tren diario por sentido
AVESevilla-Santa JustaCórdoba · Puertollano · Cidade Real · Cuenca-Fernando ZóbelValencia-Joaquín Sorolla1 tren diario por sentido
AlviaMadrid-Puerta de AtochaCidade Real · Puertollano · Córdoba · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaSantanderTorrelavega · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AltariaMadrid-Puerta de AtochaCidade Real · Puertollano · Córdoba · Antequera-Santa Ana · Ronda · San Roque-La LíneaAlxeciras2 trens diarios por sentido
AltariaMadrid-Puerta de AtochaCidade Real · Puertollano · Córdoba · Antequera-Santa Ana · Antequera · Loja-San FranciscoGranada2 trens diarios por sentido

Media distancia

Actualizados a 4 de xullo de 2016.

LiñaTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
AvantMadrid-Puerta de Atocha<>Puertollano
Rexional ExprésPuertollano<>Badaxoz
AvantAlcázar de San Juan<>Badaxoz

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas