Estación de León

5°34′55″O / 42.5951, -5.58204

A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.

León
SituaciónLeón
Liñas
Alta velocidadeAVE
Longa DistanciaAlvia, Intercity, Trenhotel
Media distanciaIntercity, MD, Rexional, Rexional Exprés

A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

Atópase situada a 825 metros de altitude. Nela acaba a Liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León de ancho internacional (punto quilométrico 345,45). Ademais nela conflúen dous trazados de ancho ibérico: a liña de Venta de Baños e Xixón, liña 130 da rede ferroviaria española, e polo outro a liña entre León e A Coruña, liña 800 da rede.[1] Historicamente a estación de León estivo relacionada coa liña Palencia-A Coruña da cal partía un ramal en dirección a Asturias.

A estación

Plataformas da estación
Trenhotel Vigo-Barcelona xunto a un AVE estacionado en León

O complexo é moderno e funcional, abarca un total de 1273,6 metros cadrados de superficie. A súa configuración como estación terminal fai que teña unha plataforma cabeceira e tres plataformas máis, dúas laterais e unha central que nacen dela. As tres teñen lonxitudes diferentes: 190 metros a situada máis ao oeste, 485 metros a central e 236 metros para a última. Ás devanditas plataformas acceden catro vías e existen outras catro vías máis de manobras. O modelo de estación terminal provocou unha sensible complicación do funcionamento ferroviario da estación respecto da antiga estación pasante, obrigando a manobras de retroceso nos trens pasantes e limitando o espazo de estacionamento de composicións de trens con inicio ou fin en León. Esta complicación vese agravada polo servizo da LAV Valladolid-León, en ancho internacional, que obriga a reservar vías para ambos os anchos, limitando a súa funcionalidade.

O edificio de viaxeiros da estación conta cun amplo vestíbulo, despachos de billetes, zona de embarque, cafetería, aseos, unha pequena zona comercial e diversas dependencias administrativas e de servizo. Deseñada por URBAQ Arquitectos S.l. (Fernando Liébana Díez e Esther Llorente López). No exterior existe un aparcadoiro de pago e paradas de autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 22 de xuño de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
AVEMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · PalenciaLeón2 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón3/4 trens diarios por sentido
AlviaMadrid-ChamartínValladolid-Campo Grande · Palencia · León · Veguellina · Astorga · Vega-Magaz · Brañuelas · Torre del Bierzo · Bembibre · San Miguel de las DueñasPonferrada5 trens semanais por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía SurCádiz1 tren diario por sentido
AlviaXixónOviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · BenicàssimOrpesa6 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · OviedoXixón6 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de CompostelaA Coruña4 trens semanais por sentido
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar3 trens semanais por sentido
IntercityHendaiaIrún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido
IntercityBilbao-AbandoLaudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido
Trenhotel AtlánticoMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol6 trens semanais por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-InfestaA Coruña1 tren diario por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 22 de xuño de 2016.

LiñasTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
 IntercityLeónMadrid-Chamartin
 IntercityVigo-GuixarMadrid-Chamartin
 IntercityLeónAlcázar de San Juan
17MD
Rexional Exprés
León
Ponferrada
Valladolid
Medina del Campo
23Rexional ExprésLeónPonferrada
24RexionalValladolid-Campo GrandeXixón

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas