Estación do Oural
7°26′51″O / 42.721944444444, -7.4475
O Oural é un apeadoiro de Adif, situado no Oural, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
O Oural | |
---|---|
Situación | Sarria |
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 386,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Rubián e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
A estación foi aberta ao tráfico o 12 de xullo de 1882 coa posta en marcha do tramo Sarria-Oural da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.[2]
A estación
O edificio para viaxeiros é de base rectangular e unha altura. A estación dispón de cinco vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central entre as dúas vías máis próximas ao edificio. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.