Estación de Sarria

7°25′08″O / 42.7841, -7.41887

A estación de Sarria é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Sarria, na provincia de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Sarria
Estación de Sarria.
SituaciónSarria
ServizosAparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD
Intermodalidade
OutrosTaxi

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 396,3 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Pedrelo-Céltigos e de Oural. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

O ferrocarril chegou a Sarria o 2 de agosto de 1878 coa o apertura do tramo Sarria-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís do Noroeste de España constituída en 1862 era a encargada da construción e explotación do trazado aínda que nunca chegou a construír este tramo xa que crebou.[3] Esta situación fixo que a concesión da liña volvese de forma transitoria ao Estado que foi quen puxo en marcha o tramo Sarria-Lugo. Pouco despois creouse a Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Sitúase no noroeste do centro urbano de Sarria. Recentemente foi reformada exteriormente. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Outras dúas vías son utilizadas como vías de servizo.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

TrenOrixeParadas intermediasDestinoObservacións
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol2 trens diarios por sentido
Trenhotel AtlánticoMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol6 trens semanais por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-InfestaA Coruña1 tren diario por sentido

Media distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

LiñasTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
4MDA Coruña<>Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas