Excentricidade

indicador da diferenza entre unha sección cónica e un círculo
Excentricidade de diversas curvas e unha elipse.

Matemáticas

En matemáticas e xeometría a excentricidade é un parámetro que determina o grao de desviación dunha sección cónica con respecto a unha circunferencia. É un parámetro importante na definición das elipses.

A excentricidade e dunha elipse de semieixo maior a e semieixo menor b é:

Valores da excentricidade en seccións cónicas:

Astronomía

Os corpos ligados gravitacionalmente entre si describen órbitas en forma de elipse. A excentricidade da órbita dun obxecto calcúlase de acordo coa fórmula anterior e expresa o grao de desviación con respecto a unha órbita circular.

Outros

Na linguaxe común emprégase o concepto de excentricidade para referirse ó comportamento infrecuente ou estraño dunha persoa.

🔥 Top keywords: