Facho
Facho, mañiza de palla atada á que se lle prendía lume ou fogueira acesa nun alto que adoitaba usarse para avisar e guiar os mariñeiros que se atopaban no mar.[1]
Definición
Un facho pode ser:
- (1) Mañiza de palla atada ao que se lle prende lume e serve para alumear.
- (2) Fogueira acesa nun alto para avisar ou dar unha nova.
- (3) Lume que se acendía antigamente no cume dun monte para a guía de mariñeiros.
- (4) Outeiro próximo á costa, guía para os mariñeiros.
- (5) Cume onde se acende esa fogueira.
Etimoloxía
Do lat. fascis: feixe. Trátase dunha etimoloxía por metonimia. Inicialmente, un pequeno feixe de plantas como os xuncos ou a palla, apertado e atado, utilizouse dende hai moito tempo como luz artificial para a noite ou as covas. A palabra facho pasou logo a ser un lume con funcións indicadoras. Deste xeito, era colocado nos outeiros como sinais de orientación ou avisos. Posteriormente, a súa localización pasaría a propiciar que se nomeasen así os lugares altos onde se facían lumes. De aí, a evolución semántica da palabra.
Historia
Antigamente, os faros materializábanse como fachos acendidos en torres. Entre os séculos IX-XII, as costas galegas foron atacadas por viquingos, vándalos e musulmáns.[Cómpre referencia] Nos séculos XV, XVII, XVIII e XIX, foron os ingleses, franceses e holandeses, entre outros os que máis atacaban as costas galegas. Estes últimos ataques ao litoral galego propiciaron a creación dunha rede de fachos que se intercomunicaban mediante fume ou fogo cando algún dos pobos divisaba embarcacións perigosas.[Cómpre referencia] Desta forma avisaban ao xefe de grupos armados), e ás vilas, que acudían para a súa defensa. No 1670, Domenico Laffi relataba que no Monte Facho de Fisterra había unha torre que estaba feita para acender o fogo na súa parte máis elevada.[Cómpre referencia] Estaba aí porque, de tódalas nacións que navegan polo Océano, todos pasaban a coñece-lo Cabo Fisterrá e moitas veces desembarcaban na Vila provocando numerosos danos.[Cómpre referencia] Era entón cando, co fogo desta torre, facíanse sinais ás vilas veciñas, que sucesivamente dunhas ás outras íanse pasando o aviso de perigo. Nunha hora, todo o Reino de Galiza estaba en sobreaviso e acudía armado ata aquel cabo para defendelo.[Cómpre referencia]
Por descontado, os fachos tamén funcionaron como guías e, así mesmo, hai constancia de que se acendían fachos en lugares falsos para provocar naufraxios.
Xeografía
De norte a sur, a denominada Ruta dos fachos de Galiza contén as seguintes localizacións que se recollen na obra de D. José Cornide titulada Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato Reino de Portugal, da que, ao compara-los nomes cos actuais, obsérvase que algúns perdéronse:
|
|
Toponimia
Non tódolos lugares nos que se ten constancia da existencia de fachos conservan no seu nome tal suceso. Algún dos que aínda se poden atopar son:
- Topónimos orográficos:
- Topónimos de poboacións:
- Castrelo (Santa Cruz) no concello de Cambados (Provincia de Pontevedra)
- Rebordelo (San Martiño) no concello de Cerdedo-Cotobade (Provincia de Pontevedra)
- Baldráns (Santiago) no concello de Tui (Provincia de Pontevedra)
- Beade (Santo Estevo) no concello de Vigo (Provincia de Pontevedra)
Literatura
Moitos son os escritores e poetas que citan aos fachos nas súas obras. Algúns exemplos son:
Laurindo Rabelo Hino (1863) O facho do Helesponto apaga o dia, sem que aos olhos de Hero o sono traga, que dentro de sua alma não se apaga o fogo com que o facho se acendia. | Queixumes dos pinos (1886) ¡Ou rapacetes rebertes, De tenro corpo lanzal; E tan libres, com' os corvos, Do facho de Touriñan! (...) Nunha cousa convêrteme, Insensibre e cerval; Convérteme n' un rudo Facho, por pïedá... Bárreme da memoria, Este soñar audaz, Arráncame da alma |
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Bouza Brey, F. (1955) Seitura. Acceso ao texto na Biblioteca Virtual Galega
- Ferreiro, C. E. (1962) Longa Noite de Pedra. Acceso ao texto na Biblioteca Virtual Galega.
- Ferreiro, C. E. (1968) Viaxe ao país dos ananos. Acceso ao texto na Biblioteca Virtual Galega.
- Manuel Antonio, A. (1961) Nenias. Acceso ao texto na Biblioteca Virtual Galega.
- Pondal, E. (1886) Queixumes dos pinos. Acceso ao text na Biblioteca Virtual Galega.
- Rabelo, L. (1863) Hino. Acceso ao texto na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.