Felix Kroos

futbolista alemán

Felix Kroos, nado en Greifswald o 12 de marzo de 1991, é un futbolista alemán, xoga como centrocampista para o 1. FC Union Berlin.

Felix Kroos
Información persoal
Nacemento12 de marzo de 1991
Lugar de nacementoGreifswald
Altura1'84m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualUnion Berlin
Carreira xuvenil
1997–2002Greifswalder SV
2002–2008Hansa Rostock
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2008–2010Hansa Rostock II26(4)
2009–2010Hansa Rostock27(0)
2010–2013Werder Bremen II66(11)
2010–2016Werder Bremen65(1)
2016Union Berlin (cedido)12(2)
2016–Union Berlin1(0)
Selección nacional
2006–2007Alemaña sub 168(6)
2007–2008Alemaña sub 1710(6)
2008–2009Alemaña sub 1810(6)
2009Alemaña sub 196(2)
2010Alemaña sub 200(0)
2011Alemaña sub 211(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Primeiros anos

Irmán do xogador internacional Toni Kroos, Felix empezou a xogar en 1997 na sección infantil do Greifswalder SC. No verán de 2002 firmou co F.C. Hansa Rostock e debutou profesionalmente nun partido de terceira rolda da Copa de Alemaña entre o Hansa Rostock e o VfL Wolfsburg o 28 de xaneiro de 2009[1] porén o adestrador substituíuno no minuto 69 por Sebastian Svärd. Dous días antes do Hansa Rostock baixar de categoría, Kroos anunciou a súa marcha.

Werder Bremen

O 15 de xuño de 2010 fichou por tres anos co Werder Bremen. O 24 de novembro de 2010 debutou nun partido da Liga de Campións da UEFA contra o Tottenham Hotspur, nese partido fallou un penalti por unha falta sobre Luka Modrić e o seu equipo acabou perdendo 3–0 .[2] O 9 de novembro de 2013 marcou o seu primeiro gol na Bundesliga, contra o Schalke aínda que os de Bremen acabaron perdendo por 3–1.[3]

Union Berlin

O Werder Bremen cedeuno ao Union Berlin o 28 de xaneiro de 2016 e puido firmar co equipo en xuño.[4]

Notas