Feminacionalismo

asociación entre un tipo de ideoloxía nacionalista e algúns postulados do movemento feminista

Feminacionalismo ou femonacionalismo é un termo que describe a asociación entre un tipo de ideoloxía nacionalista e algúns postulados do movemento feminista con motivacións xenófobas.[1][2][3]

O termo foi orixinalmente proposto pola académica Sara R. Farris para referirse aos procesos polos que certos poderes se aliñan con algunhas reivindicacións do movemento feminista co fin de xustificar posicións racistas, xenófobas ou aporófobas, apoiándoas sobre os prexuízos de que as persoas migrantes han de ser forzosamente machistas e de que a sociedade occidental é completamente igualitaria.[1][2][4] Desta forma, faise uso das mulleres e os dereitos conseguidos para soster posturas en contra da inmigración, sendo cada vez máis común entre partidos de ultradereita.[2][3]

As principais críticas a este fenómeno céntranse no uso parcial e sectario que se fai do movemento feminista para amparar fins baseados na intolerancia, obviando o propio sexismo e a falta dunha igualdade real na sociedade occidental no seu conxunto.[5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos