Folclore córnico

O folclore córnico refírese ó conxunto de tradicións, costumes e manifestacións artísticas que desenvolvidos polo pobo córnico en Cornualla. É especialmente prolífico e rico en contos e mitos, moitos deles sobre criaturas fantásticas como xigantes, sereas, buccas e pixies (xente pequena). Aínda son incribelmente populares hoxe en día, e hai multitude de eventos celebrados en Cornualla nos que se poden atopar os droll teller[1], que son persoas que contan as historias. Algúns destes contos e lendas tiveron moito éxito de publicación, particularmente nos libros para cativos. Un exemplo é o libro Jack the Giant Killer, que ten lugar en Cornualla.

As Merry Maidens en St Buryan.
Celebración do Día de San Piran (Día nacional de Cornualla) en Penzance.

Tamén é destacábel que moitas das lendas que asocian o Rei Artur con Cornualla, sitúan o seu lugar de nacemento en Tintagel, que era a corte do seu tío Mark de Cornualla. Unhas das personalidades da bruxaría moderna é Gemma Gary, que teorizou e sistematizou o conxunto de crenzas labregas tradicionais deste folclore.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas