Franco Platero

xogador de hóckey a patíns arxentino

Franco Emanuel Platero Figueroa, nado en San Juan o 22 de xullo de 1992, é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga de defensa-medio no Oliveirense da Liga portuguesa.

Infotaula de personaFranco Platero
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
San Juan, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
- Amatori Lodi
- HC Forte dei Marmi (en) Traducir
- Hockey Breganze (en) Traducir
- Hockey Club Liceo da Coruña Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMatías Jonathan Platero Editar o valor em Wikidata

É irmán de Matías Platero, xogador do Sporting de Portugal e curmán de Mario Rodríguez, do CP Grosseto.

Traxectoria

Tras deixar a súa Arxentina natal recalou en Italia, onde debutou co Amatori Lodi na liga italiana na tempada 2013/14. Tras gañar a Copa de Italia na tempada 2015/16, a Supercopa e a liga na tempada seguinte, fichou polo Hockey Breganze para a tempada 2017/18. Xogou unha soa tempada no club do Véneto, xogando as semifinais da Copa CERS, onde o equipo caeu eliminado fronte ao Lleida de Bruno e Roberto Di Benedetto.[1] En 2018 fichou polo Forte dei Marmi, co que conquistou unha nova liga italiana.[2]

Ao ano seguinte instalouse en Galicia para xogar no Deportivo Liceo. Co equipo de Juan Copa acabou subcampión da OK Liga nas tempadas 2019/20 e 2020/21, nos dous casos por detrás do FC Barcelona,[3] e conquistou a Copa do Rei de 2021, despois de derrotar ao equipo catalán na final.[4] Uns días despois da final da Copa anunciouse a súa marcha do equipo coruñés para fichar polo Oliveirense portugués.[5]

Palmarés

Amatori Lodi

Forte dei Marmi

HC Liceo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas