Genista

xénero de plantas

Piornos (xénero Genista)

Genista germanica
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Fabales
Familia:Fabaceae
Subfamilia:Faboideae
Tribo:Genisteae
Xénero:Genista
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia
  • Asterocytisus (W.D.J.Koch) Schur ex Fuss
  • Chamaespartium Adans.
  • Echinospartum (Spach) Fourr.
  • Enantiosparton K.Koch
  • Genistella Ortega
  • Pterospartum (Spach) K. Koch
  • Retama Raf.
  • Rivasgodaya Esteve
  • Stauracanthus Link
  • Teline Medik.
  • Ulex L.[1]

Genista é un xénero botánico de 90 especies de arbustos da subfamilia Faboideae. A familia Fabaceae con especies que comparten talos densos e verdes, follas miúdas, normalmente adaptados á seca, a meirande parte deles con flores brancas ou amarelas, mais tamén de cor alaranxada, rosada, vermella ou púrpura. As diferentes especies popularmente coñécense cos nomes de piornos ou xestas, mais cómpre non confundilas coas especies do xénero Cytisus (ver xesta (homónimos)). A coñecida carqueixa tamén forma parte deste xénero.

Aturan os solos pobres e necesitan de poucos coidados para o seu cultivo, utilízase na recuperación de terras queimadas, para fixación de dunas ou coma planta ornamental.

Son nativos de Europa, Oriente Medio e norte de África. En Galicia son abondosas algunhas especies.

Etimoloxía

O termo xesta (en portugués: giesta), procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. Téñase en conta que o termo xesta é máis comunmente empregado en galego para se referir ás especies do xénero achegado Cytisus. En ocasións as plantas Genista reciben o nome de codesos, mais esta denominación adóitase referir á especie leguminosa, de diferente xénero, Adenocarpus complicatus. Piorno é un termo xeneralizado do xénero.

Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[2]

Descrición

As xestas genistas abundan especialmente na rexión mediterránea. O xénero abrangue arredor de 150 especies de arbustos ou gamallos espiñentos ou inermes, máis raramente herbáceas ou sufruticosas (como a xesta tintureira). As ramiñas son lisas ou estriadas e adoitan ter as follas simples ou trifoliadas, que algunhas especies perden axiña, ou incluso non teñen follas aparentes. As flores son cigomorfas papilonadas, compostas por cinco pétalos normalmente amarelos e dez estames soldados entre si polos seus filamentos, ou polo menos nove deles, formando unha especie de tubo en torno ao pistilo. Os froitos son legumes miúdos (véxase Leguminosas) comprimidos lateralmente, dehiscentes e xeralmente con varias sementes; en raras ocasións cunha única semente. A Península Ibérica é a zona onde máis diversificado está este xénero: dende grandes arbustos de até 3 m, coma a xesta branca; matos de até 1,5 m,; e gamallos miúdos de porte rastreiro típicos da alta montaña.

Usos

As xestas genistas teñen numerosos usos. Algunhas especies utilízanse para obter tinturas, outras coma combustíbel nos fornos do xeso e do cal e outras para formar sebes, comúns tas autoestradas galegas.A carqueixa (Genista tridentata) ten usos medicinais.

Especies en Galicia

  • Genista tridentata, carqueixa.
  • Genista berberidea Lange, piorno das brañas, xesta das brañas, toxo gateño, en terreos lamacentos, turbeiras, endémica galega e do norte de Portugal. Distinguible polas follas trifoliadas, alternas glaucas, co nervio medio moi marcado e rematado nun pincho, e cos dous folíolos laterais transformados en espiñas.
  • Genista triacanthos, piorno de tres espiñas, tamén de brañas, turbeiras. Flores alaranxadas e numerosas espiñas magras de 0,4 a 2 cm.
  • Genista florida L., pudia, xesta pudia, piorno, xesta branca (as flores non son brancas, non confundir con Cytisus multiflorus).
    • Genista florida sbsp. polygaliphylla, piorno, sen espiñas.
  • Genista micrantha Ortega, piorno de follas pequenas, sen espiñas, moi miúda, en prados e queiroais, flores amarelas en acios terminais.
  • Genista falcata, piorno falcata.
  • Genista tinctorea, xesta tintureira.
  • Genista hystrix, piorno espiñento.
  • Genista sanabrensis, piorno espiñento, miúdo, endemismo dos montes de Zamora, León e Pena Trevinca en Galicia.
  • Genista anglica, gatiña, piorno espiñento (non confundir coa especie: Genista hystrix, tamén chamada así) , na metade sur de Galicia, espiñenta nas súas pólas vellas pero sen espiñas nas máis novas, inflorescencias en acios curtos terminais de 5 a 15 flores sen peluxe, igual que os legumes.
  • Genista obtusiramea, piorno teixo, xesta de montaña, por riba dos 1400 m, gamallo sen espiñas de até 1 m de altura, e gran número de nós marcando as follas caídas, flores amarelas con estandarte e froito aveludados.
  • Genista scorpius, aliaga[3] Arbusto de dous ou catro pés de altura, de follas pouco alongadas, sedosas, espiñas ramosas, abertas, estriadas, lampinas; flores en feixes case en acios, con peciños curtos, lampinas. Medra en terras áridas e nas marxes dalgúns prados, sempre nun solo máis ou menos húmido. Pouco común en Galiza, propia de zonas máis secas e calcarias.

Clasificación científica xeral

  • Genista aetnensis DC.
  • Genista albida Willd.
  • Genista anatolica Boiss.
  • Genista andicola Gill. ex Hook. & Arn.
  • Genista anglica L.
  • Genista aristata C.Presl
  • Genista artwinensis Schischk.
  • Genista aspalathoides Lam.
  • Genista baetica Spach
  • Genista berberidea Lange
  • Genista canariensis
  • Genista carinalis
  • Genista carpetana
  • Genista cinerascens
  • Genista cinerea (Vill.) DC.
  • Genista corsica
  • Genista cupanii
  • Genista demnatensis Cosson, endémica de Marrocos
  • Genista dorycnifolia Font Quer
  • Genista ephedroides
  • Genista erioclada Spach
  • Genista falcata
  • Genista fasselata
  • Genista ferox Poir.
  • Genista florida L.
  • Genista germanica
  • Genista haenseleri
  • Genista halacsyi Heldr.
  • Genista hassertiana
  • Genista hirsuta Vahl
  • Genista hispanica
  • Genista holopetala
  • Genista hystrix
  • Genista ifniensis Caball.
  • Genista januensis
  • Genista juncea
  • Genista legionensis (Pau) Laínz
  • Genista linifolia
  • Genista lobelii DC.
  • Genista lucida
  • Genista lydia
  • Genista melia Boiss.
  • Genista micrantha
  • Genista millii Heldr. ex Boiss.
  • Genista monspessulana (L.) O.Bolòs & Vigo
  • Genista nissana
  • Genista obtusiramea, piorno teixo
  • Genista occidentalis (Rouy) Coste
  • Genista parnassica
  • Genista pilosa
  • Genista polianthos Willk.
  • Genista pumila (Debeaux ex Hervier) Vierh.
  • Genista ramosissima (Desf.) Poir.
  • Genista retamoides Spach
  • Genista sagittalis
  • Genista saharae Coss. & Dur.
  • Genista sakellariadis Boiss. & Orph.
  • Genista scorpia St.-Lag.
  • Genista scorpius (L.) DC. sensu lato
  • Genista subcapitata Pančić & Nyman
  • Genista sylvestris
  • Genista tenella Willk.
  • Genista tenera (Jacq. ex Murray) Kuntze
  • Genista teretifolia Willk.
  • Genista tinctoria
  • Genista tournefortii
  • Genista triacanthos Brot.
  • Genista tricuspidata Desf.
  • Genista tridens (Cav.) DC.
  • Genista tridentata, carqueixa.
  • Genista umbellata Salzm. ex DC.
  • Cultivares
  • Genista 'Porlock'

Notas

Véxase tamén

Outros artigos