Goosebumps (filme)

filme de 2015 dirixido por Rob Letterman

Goosebumps é un filme estadounidense de 2015 escrito por Darren Lemke e dirixido por Rob Letterman. Baséase na serie de libros de terror infantil escritos por R. L. Stine, e conta a historia dun adolescente que tenta salvar a súa vila coa axuda de Stine logo de que tódolos monstros da franquía Goosebumps escaparan dos libros. Está protagonizado por Jack Black, Dylan Minnette, Odeya Rush, Amy Ryan, Ryan Lee e Jillian Bell.

Goosebumps
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalGoosebumps
DirectorRob Letterman
Produtor
  • Deborah Forte
  • Neal H. Moritz
GuiónDarren Lemke
Baseado enGoosebumps de R. L. Stine
Intérpretes
  • Jack Black
  • Dylan Minnette
  • Odeya Rush
  • Amy Ryan
  • Ryan Lee
  • Jillian Bell
MúsicaDanny Elfman
FotografíaJavier Aguirresarobe
MontaxeJim May
Estudio
DistribuidoraSony Pictures Releasing
EstreaCineEurope: 24 de xuño de 2015
16 de outubro de 2015[2]
Duración103 minutos[3]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Orzamento58–84 millóns de dólares[4][5]
Recadación158,3 millóns de dólares[5]
Filme seguinteGoosebumps 2: Haunted Halloween
Na rede
http://www.goosebumps-movie.com/
IMDB: tt1051904 Filmaffinity: 742929 Allocine: 138725 Rottentomatoes: m/goosebumps_2015 Mojo: goosebumps Allmovie: v595249 TCM: 2019489 Metacritic: movie/goosebumps Netlix: 80049939Editar o valor em Wikidata

O desenvolvemento dun filme de Goosebumps comezou en 1998, con Tim Burton como director. Logo de non conseguir determinar cal libro debía ser adaptado, o proxecto foi detido. A comezos de 2008, Columbia Pictures adquiriu os dereitos co obxectivo de crear un filme baseado en Goosebumps, e o proxecto entrou de novo en fase de desenvolvemento. A fotografía principal estendeuse dende abril até xullo de 2014 en Candler Park, Atlanta.

Goosebumps estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015, por Columbia Pictures. O filme foi un éxito comercial e da crítica, que eloxiou o humor, o uso dos personaxes orixinais de Goosebumps así como as interpretacións (particularmente as de Black e Minnette)[6] e conseguiu recadar máis de 158 millósn de dólares sobre un orzamento de 84 millóns.[7] Unha secuela, titulada Goosebumps 2: Haunted Halloween, estreouse o 12 de outubro de 2018.

Personaxes

  • Jack Black como R. L. Stine
    • Black tamén fai as voces de Slappy the Dummy
    • R. L. Stine fai un cameo como Mr. Black
  • Dylan Minnette como Zachary "Zach" Cooper
  • Odeya Rush como Hannah Stine
  • Amy Ryan como Gale Cooper
  • Ryan Lee como Champ
  • Jillian Bell como Lorraine Conyers
  • Halston Sage como Taylor
  • Ken Marino como adestrador Carr
  • Timothy Simons como Oficial Stevens
  • Amanda Lund como Oficial Brooks
  • Steven Krueger como Davidson
  • Karan Soni como Mr. Rooney
  • Kumail Nanjiani como Foreman

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas