Henning Jensen

futbolista danés

Henning Jensen, nado en Nørresundby o 17 de agosto de 1949 e finado en Aalborg o 4 de decembro de 2017, foi un futbolista dinamarqués, que xogaba como dianteiro. Militou entre outros clubs no Borussia Mönchengladbach, no Real Madrid e no Ajax, gañando os respectivos campionatos nacionais de liga cos tres equipos. Foi 21 veces internacional coa selección de Dinamarca, coa que marcou 9 goles.

Henning Jensen
Información persoal
NomeHenning Jensen
Nacemento17 de agosto de 1949
Lugar de nacementoNørresundby
Falecemento4 de decembro de 2017
Lugar de falecementoAalborg
Altura1,82 m.
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1965–1972Nørresundby0(0)
1972–1976Borussia M'gladbach125(44)
1976–1979Real Madrid81(16)
1979–1981Ajax56(7)
1981–1983AGF53(17)
1984Nørresundby
Selección nacional
1972–1980Dinamarca21(9)
Na rede
UEFA: 36122 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nacido en Nørresundby, comezou a xogar ao fútbol no Nørresundby BK na cuarta división do fútbol dinamarqués. Xogando na banda dereita do ataque, debutou coa selección de Dinamarca en maio de 1972 e marcou o seu primeiro gol nun partido de clasificación para os Xogos Olímpicos de 1972 contra Romanía. Ese mesmo ano, e sen ter xogado nunca na primeira división danesa, foi fichado polo Borussia Mönchengladbach alemán.[1]

Militou catro anos no Mönchengladbach, compartindo dianteira co seu compatriota Allan Simonsen. Gañou dous campionatos da Bundesliga, unha DFB-Pokal e a Copa da UEFA na tempada 1974/75. Disputou un total de 177 partidos oficiais co club alemán, marcando 58 goles.

En 1976 fichou polo Real Madrid, converténdose no primeiro futbolista dinamarqués da historia do club, e xogou nel durante os seguintes tres anos, gañando os campionatos de liga nas tempadas 1977/78 e 1978/79. Disputou 102 partidos oficiais coa camiseta do club branco, nos que marcou 19 goles, 4 deles contra o FC Barcelona.[2]

En 1979 mudouse aos Países Baixos para xogar no Ajax. Alí coincidiu con outros futbolistas daneses como Frank Arnesen, Søren Lerby e Jesper Olsen. Na tempada 1979/80 gañou a Eredivisie e alcanzou as semifinais da Copa de Europa, onde o equipo neerlandés foi eliminado polo Nottingham Forest.[3]

Regresou a Dinamarca en xullo de 1981, para xogar no AGF Aarhus, antes de volver ao Nørresundby e xogar os seus últimos partidos co Nørresundby BK.

En 2006, foi nomeado pola Unión Danesa de Fútbol entre os candidatos ao premio ao mellor futbolista dinamarqués de tódolos tempos, xunto a Preben Elkjær, Brian Laudrup, Michael Laudrup, Morten Olsen, Peter Schmeichel, Allan Simonsen e Jon Dahl Tomasson.

Faleceu o 4 de decembro de 2017 a causa dun cancro.[4]

Palmarés

Borussia Mönchengladbach
Real Madrid
Ajax

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas