Iápix
Iápix (en grego antigo Ἰάπυξ) é o nome de varios personaxes da mitoloxía grega:
- Un príncipe arcadio, fillo de Licaón, o rei que foi convertido en lobo por facer sacrificios humanos a Zeus. Como o resto dos licaónidas destacaba pola súa impiedade, até tal punto que o mesmo Zeus se dirixiu ao seu palacio, disfrazado de mendigo ou de agricultor, para comprobar se eran certos os rumores sobre as súas atrocidades. Notando signos da divindade do seu hóspede, os fillos de Licaón decidiron asasinar un dos seus irmáns (Níctimo) e servirllo de cea, mesturado con entrañas de animais, para así comprobar se era ou non un deus. Pero Zeus, decatándose enseguida do abominábel do manxar, devolveu á vida a Níctimo e fulminou cos seus raios aos seus asasinos, ou ben os converteu en lobos. Xunto cos seus irmáns Daunio e Peucetio, logrou fuxir ao sur de Italia, acompañado dun exército de ilirios ao mando do xeneral Mesapio. Alí venceron ao pobo autóctono (os ausonianos), e repartiron o país entre os tres irmáns. Iápix fundou entón a colonia de Iapixia, á que deu o seu nome.
- Un irmán do cretense Icadio, ao que tamén se lle atribúe a fundación da colonia de Iapixia.
- Un fillo de Dédalo e dunha muller cretense. Os cretenses que emigraron ao sur de Italia recibiron por el o nome de iapixios, confundíndose por tanto cos personaxes anteriores.
- Iápix ou Iapis era un fillo de Iaso moi querido polo deus Apolo, que lle outorgou o don da profecía, a arte de saber tocar a lira e a da medicina. Esta última ensinanza foi a que máis agradeceu Iápix, obsesionado como estaba con prolongar a vida de seu pai. Tamén usou as súas calidades como médico para sandar a Eneas cando foi ferido na guerra contra Latino.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial