IES Lucus Augusti

centro público de ensino secundario en Lugo

7°33′24″O / 43.006500948457, -7.5567513866751

O IES Lucus Augusti é un instituto de Ensino secundario sito na cidade de Lugo. Foi creado a partir dunha Real Orde do 30 de novembro de 1842.[1] É, polo tanto, o instituto decano de Galicia e un dos Institutos Históricos de Galicia e forma tamén parte da Asociación nacional para a defensa do patrimonio dos Institutos históricos (ANDPIH). Ao longo da historia recibiu os nomes de Instituto Provincial de Segunda Enseñanza de Lugo,[2] Instituto Nacional de Lugo,[3] Instituto de Lugo[4] e Instituto Masculino de Lugo.[5]

IES Lucus Augusti
Enderezo
Avenida Rodriguez Mourelo, Lugo
Datas
Creación1842
Edificio actual1950
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
DirectorCarlos Cazón Rivas
Outros nomes
Instituto Masculino, O Masculino, Instituto Provincial de Lugo, Instituto de Lugo
Na rede
Web
Decreto polo que se crea o Instituto de Lugo (antecesor do IES Lucus Augusti), na Gaceta de Madrid do 6 de decembro de 1842.

Recoñecementos

O 6 de marzo de 2018, o Ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo y Montojo, concedeulle ao instituto o ingreso na Orde Civil de Afonso X o Sabio, na que se premia os méritos en educación, cultura e ciencia.[6] En febreiro de 2019, a Ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, entregou unha placa conmemorativa acreditando o acto.[7][8][9][10]

Etapas e localizacións físicas do instituto

  • 1842-1848: Edificio do Seminario Conciliar (hoxe, o colexio Franciscanos, de Lugo).
  • 1848-1862: marcha a Monforte.
  • 1862-1873: no edificio do concello, na parte posterior.
  • 1873-1950: nun lateral do edificio construído para albergar a Deputación.
  • 1950-actualidade: edificio actual.

Lista de directores (até 1975)

Esta é unha lista dos directores, nas diferentes estapas do instituto, até 1975.[11]

PeríodoNomeMateria impartida
1842-1846José Jorge de la Peña y RelobaFísica / Agricultura
1846-1848Leoncio Perejón CampoamorRelixión e Moral
1848-1851Francisco Fariña RodríguezMatemáticas
1849-1852Antonio Rodríguez SilvaHistoria Natural
1852-1859Gabriel Sierra RodríguezRelixión e Moral
1859-1870Francisco Fariña RodríguezMatemáticas
1870-1873Gumersindo Laverde RuizRetórica e Poética
1873-1874Francisco Serrano PallarésPsicoloxía, Lóxica e Ética
1874-1878Antonio Magín PlaXeografía e Historia
1878-1900Valentín Portabales BlancoLatín, Retórica e Poética
1900-1901Primo Castro PitaHistoria Natural
1878-1900Valentín Portabales BlancoRetórica e Poéica
1918-1930Salvador Velayos GonzálezFísica e Química
1930-1941Alfredo Rodríguez LabajoMatemáticas
1941-1955Delio Mendaña ÁlvarezFísica e Química
1955-1958Glicerio Albarrán PuenteFilosofía
1958-1959Lázaro Montero de la PuenteLingua e Literatura Castelá
1959-1963Froilán López LópezLatín
1963-1968Delio Mendaña ÁlvarezFísica e Química
1968-1969Amable Veiga AriasLatín
1969-1973Ángel González FernándezFilosofía
1973-1975Jesús Díaz LópezXeografía e Historia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Jaramillo, M.A.; Prado Gómez, Antonio, eds. (1992). O Instituto de Lugo a través dos seus documentos. Catálogo de la exposición. Lugo: Diputación Provincial de Lugo. 
  • Prado Gómez, Antonio (2011). "Antonio Fraguas y Fraguas (1905-1999)". Participación educativa (Número Extraordinario 1): 149–162. ISSN 1886-5097. 
  • Prado Gómez, Antonio (2013). O Instituto rovincial de Lugo 1842-1975. Lugo: Servizo de Publicacións Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-482-4. 

Outros artigos