Igrexa de Santa Lucía da Coruña
A igrexa de Santa Lucía é un templo relixioso da Coruña, situado na praza de Lugo do Ensanche.
Igrexa de Santa Lucía da Coruña | |
---|---|
Fachada da igrexa. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Lucía de Siracusa |
Localización | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′56″N 8°24′25″O / 43.365527777778, -8.40691666666678°24′25″O / 43.365527777778, -8.4069166666667 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1899-1913 |
Estilo | ecléctico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
A igrexa foi construída en cemento e pedra en estilo ecléctico con detalles neorrománicos e modernistas segundo o proxecto de Manuel Hernández y Álvarez Reyero.[1] A torre, con elementos renacentistas,[2] remata nun chapitel piramidal.[3]
O interior ten unha soa nave de 50 metros en forma de cruz latina con oito capelas laterais.[1]
Historia
A poboación do barrio de Santa Lucía pertencía á parroquia de San Xurxo e era atendida na capela homónima desde 1777.[4] Esta capela reconstruíuse despois do cerco de Drake. Desde 1930 a 1964 foi a sede provisional da nova parroquia de San Pedro de Mezonzo antes de ser demolida en 1969 polos desmontes que se realizaron para construír a ronda de Nelle e a avenida da Vedra.[5]
Porén, o aumento da poboación fixo que se solicitase a creación dunha nova parroquia xa en 1867.[6] Finalmente a construción dun novo templo, decisión que tomou o cardeal José María Martín de Herrera, non chegou ata o 1 de xullo de 1890.[7]
A construción iniciouse o 20 de agosto de 1899 e rematouse o 28 de marzo de 1913. O interior continuou a modificarse ata a década de 1950.[7]
En 1965 acaroouse un edificio destinado aos locais parroquiais.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- García Cortés, Carlos (2012). Templos coruñeses. Historia-Arte-Culto (en castelán). Xerión. ISBN 978-84-936595-5-4.
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.