Jeanneke Pis

A Jeanneke Pis (expresión en neerlandés que en galego significa "nena que ouriña") é unha singular estatua e fonte de bronce de arredor de 50 centímetros de altura, situada no centro histórico de Bruxelas, Bélxica.[1]

Jeanneke Pis
A estatua-fonte Jeanneke Pis
Presentación
Nome localJeanneke-Pis
Localización Bruxelas
Rexión de Bruxelas
Bélxica Bélxica
DirecciónEntre os números 10 e 12 da calella da Fidelidade (impasse de la Fidélité/Getrouwheidsgang)
Coordenadas4°21′15″L / 50.848611, 4.354167
TipoEstatua de bronce e fonte
Construción
Data da construción1985
Remate1987
Dimensións
AlturaArredor de 50 cm
Equipo
EscultorDenis-Adrien Debouvrie
web oficial

A estatua representa unha nena pequena con coletas, espida e de crequenas, con faciana burleira, ouriñando dentro da cunca da fonte. Considérase como o homólogo feminino do Manneken Pis.[2]

Está situada entre os números 10 e 12 da calella da Fidelidade (impasse de la Fidélité/Getrouwheidsgang) da capital belga, que dá á rúa dos Carniceiros (rúe des Bouchers / Beenhouwersstraat), preto da Grand-Place.[3]

A súa historia

A estatua foi realizada en 1985 por Denis Adrien Debouvrie, que era tamén o propietario de varios restaurantes no barrio bruxelés do Illot Sacré, e foi inaugurada en 1987.[4][5]

O seu significado

O restaurador quixo restablecer a igualdade entre home e muller ao encargar a estatua, compensando así a existencia do Manneken Pis.

No entanto, para o público acabou por simbolizar tamén a fidelidade, e é tradicional botar moedas nas cuncas da fonte, en proba da lealdade pola persoa amada.[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas