Jesús Castro Yáñez
Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (A Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo[1] galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1992 (32 anos) Baltar, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Premios | |
Traxectoria
Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía [2]. Tres anos despois gañaría o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtería mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. 2015 foi o ano máis importante para el canto a recoñecementos, pois en pouco tempo foi recoñecido con dous premios relevantes: o I Premio de relato breve Nélida Piñón[1] do Concello de Cotobade, co relato “O vello e o minotauro”[3] e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos[4].
Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe de descarga gratuíta Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014). No 2017 publica en inglés /\/\/\ dentro do proxecto poetrywillbemadebyall.com —dispoñible tanto para descarga gratuíta en Internet como en formato impreso— e Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017). En 2018 colaborou na revista Ligeia.[5]
Obras
- O vello e o minotauro (Deputación de Pontevedra, 2015). Relato curto.
- Os nomes e os himnos (Espiral Maior, 2016). Poesía.
- /\/\/\ (89Plus and LUMA Foundation, 2017). Poesía
- Ultramarino (Chan da Pólvora, 2017). Poesía.
- Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe (Sushi Books, 2021). Escolma e tradución de poesía.[6]
Obras colectivas
- Obituario (Fundación Málaga, 2015).
- No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.
- 13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía.
Tradución
- Antropoloxía da auga, de Anne Carson (Chan da Pólvora, 2023).