Jordi Calavera

futbolista español

Jordi Calavera Espinach, nado o 2 de agosto de 1995 en Cabra del Camp (Cataluña), é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Sabadell, da Primeira División RFEF.

Jordi Calavera
Información persoal
NomeJordi Calavera Espinach
Nacemento2 de agosto de 1995 (28 anos)
Lugar de nacementoCabra del Camp
Altura1,78 m
PosiciónLateral dereito
Información de club
Club actualSabadell
Carreira xuvenil
Valls
2008–2013Gimnàstic
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2013–2016Gimnàstic21(1)
2014–2015Pobla Mafumet33(2)
2015Olot (ces.)15(0)
2016–Eibar1(0)
2016–2017Lugo (ces.)40(2)
2017–2018Sporting de Gijón (ces.)32(1)
2019–2020Girona (ces.)10(0)
2020–2022Girona37(0)
2022Sporting de Gijón (ces.)7(0)
2022–2023Lugo20(0)
2024–Sabadell0(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 14 de xullo de 2021editar datos en Wikidata ]

É irmán do tamén futbolista Josep Calavera.

Traxectoria

Nado en Cabra del Camp, Tarragona, Calavera formouse nas categorías inferiores do Gimnàstic de Tarragona, onde foi chamado polo primeiro equipo na pretemporada en 2013. Debututaría ese mesmo ano o 25 de agosto en casa contra o Lleida Esportiu da Segunda División B. En xaneiro de 2015, despois de estar de novo como segundo suplente Calavera foi cedido ao equipo Olot, tamén de Segunda B até final de tempada. Tras finalizar a temporada e volver ao Nàstic, debuta como profesional o 9 de setembro cun empate a 2-2 en casa contra o Girona en Copa do Rei. Ese mesmo mes debuta na Segunda División, xogando unha media hora como substituto de Xisco Campos, ante o Real Valladolid. Marcou un gol en Segunda, en outubro de 2015, o primeiro dunha vitoria por 2-1 contra o Bilbao Athletic.[1] Tras o seu bo rendemento, asina en xaneiro de 2016 coa Sociedad Deportiva Eibar, o cal non gusta no club de Tarragona, que o envía ao filial até final de temporada. O 12 de agosto o club vasco cede o xogador ao Club Deportivo Lugo para a campaña 2016−17.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
GimnàsticSegunda B2013−2014110
GimnàsticSegunda B2014−201510
OlotSegunda B2015150
GimnàsticLa Liga 2201591
Gimnàstic BSegunda B2016102
LugoLa Liga 22016−2017392

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas