José González Caballero

futbolista español

José González Caballero, coñecido como Caballero, nado en Alcalá de Guadaíra (Sevilla) o 15 de xaneiro de 1916 e finado o 8 de xaneiro de 1967, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Caballero
Información persoal
NomeJosé González Caballero
Nacemento15 de xaneiro de 1916
Lugar de nacementoAlcalá de Guadaíra
Falecemento{{{Data_de_falecemento}}}
Posicióndianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1933–1940Betis57(14)
1941–1945Deportivo da Coruña83(20)
1945–1946Ceuta14(3)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Na tempada 1933–34 debutou en Primeira División co Real Betis, onde permaneceu até 1940.

Na tempada 1941–42 formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que debutou en Primeira División, da man do adestrador pontevedrés Celso Mariño, sendo un habitual da dianteira xunto a Ricardo García "Cuca", Antonio Villar Chao e Julio Antonio Elícegui. Permaneceu no club coruñés 4 temporadas, participando en 83 partidos e anotando 20 goles. Na campaña 1944–45 descendeu a Segunda División.

Na tempada 1945–46 fichou polo SD Ceuta, de Segunda División.

Véxase tamén

Ligazóns externas


 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.