José Gutiérrez Mijares

futbolista español

José Gutiérrez Mijares, nado en Luanco, Asturias, o 16 de marzo de 1920 e finado o 7 de febreiro de 1989, foi un futbolista español que xogaba como dianteiro.[1]

Mijares
Información persoal
NomeJosé Gutiérrez Mijares
Nacemento16 de marzo de 1920
Lugar de nacementoLluanco
Falecemento7 de febreiro de 1989
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1939–1941Avilés27(17)
1941–1944Sporting de Gijón22(24)
1944–1945Valladolid
1945Avilés
1945–1946Deportivo da Coruña16(8)
1946–1949Mallorca68(39)
1949–1950Lleida7(1)
1950–1951Gimnástica de Torrelavega20(3)
1951–1952Mallorca12(2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Entre 1939 e 1941 xogou no Avilés, disputando 27 partidos de Segunda División, nos que anotou 17 goles. Ao remate da tempada 1940/41 fichou polo Sporting de Gijón, co que disputou a Copa do Xeneralísimo dese ano, marcando seis goles en catro partidos. Na tempada 1941/42 anotou 18 goles en 12 partidos de liga, sendo o máximo goleador do campionato, con dous goles máis que Pruden e Sanz. Marcou ademais outros seis goles na fase de ascenso a Primeira, pero o equipo non conseguiu subir á máxima categoría. Na tempada 1942/43 anotou 13 goles e na seguinte marchou ao Valladolid.

En 1945 fichou polo Deportivo da Coruña adestrado por Hilario Marrero.[2] Con 9 goles en 18 partidos foi o máximo goleador do equipo ese ano, no que o Deportivo logrou o segundo ascenso a Primeira División da súa historia.

Na tempada seguinte foi para o Mallorca,[3] onde permaneceu tres anos, o último deles na Terceira División despois de descender na 1947/48. A continuación pasou polo Lleida e a Gimnástica de Torrelavega antes de volver ao Mallorca en 1951.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas