José Luis Villar Palasí

político español

José Luis Villar Palasí, nado en Valencia o 30 de outubro de 1922 e finado en Madrid o 7 de maio de 2012, foi un intelectual, xurista e político español,[1] subsecretario do Ministerio de Comercio (1962-1965), Ministro de Educación desde o 17 de abril de 1968 ao 11 de xuño de 1973[2] e Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas de 1971 a 1973.

Infotaula de personaJosé Luis Villar Palasí

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 14 de decembro de 1973 – Enrique Gutiérrez Ríos (en) Traducir, Julio Rodríguez Martínez (pt) Traducir →
Spanish National Research Council president (en) Traducir
1971 – 1973
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España
29 de outubro de 1969 – 9 de xuño de 1973
← Manuel Lora-TamayoJulio Rodríguez Martínez (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
18 de xuño de 1968 – 12 de novembro de 1971
← Enrique García-Ramal (pt) Traducir
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 20 de decembro de 1965
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 246225

Villar Palasí foi pai da EXB en 1970. Estableceu a obrigación de escolarizar aos nenos ata os catorce anos de idade e introduciu o estudo das linguas e literaturas rexionais no sistema educativo público.

Carreira profesional

Lei Xeral de Educación de 1970

Impulsou a Lei Xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, que supuxo un importante esforzo de modernización do sistema educativo, entre cuxos principais fitos destacan o ensino primario obrigatorio ata os catorce anos, coa Educación Xeral Básica (EXB), e creou a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). A reforma educativa, ademais de establecer a EGB, creou o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) e a Formación Profesional (FP). Entre outras prerrogativas, a nova norma establecía que nas rexións nas que ademais do español se utilizase outra lingua se estudase, obrigatoriamente, unha materia desta lingua.

Publicacións, cargos e distincións

Placa no claustro do Mosteiro de Santa María da Armenteira (Meis, Pontevedra), dedicada a Villar Palasí

Son obras súas varios libros relacionados co Dereito Administrativo, o seu principal ámbito de especialización: Observaciones sobre el sistema fiscal español, Justo precio y transferencias colectivas, Apuntes de Derecho Administrativo, Derecho Administrativo, Los jurados de empresa e Administración y planificación;[3] así mesmo colaborou en revistas xurídicas españolas e estranxeiras.[4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cacho Cortés, Jesús (1999). El negocio de la libertad. Madrid: Foca, ediciones y distribuciones, S.L. ISBN 84-930481-9-4. 
  • Gómez-Ferrer Morant, Rafael, coord. (1989), Libro homenaje al profesor José Luis Villar Palasi. Editorial Civitas. ISBN 84-7398-645-8.

Ligazóns externas