KH-11

KH-11 (Keyhole-11) ou Kennan, tamén denominados Crystal, son unha serie de satélites de recoñecemento electroópticos de alta resolución operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][2]

Satélites KH-11 en órbita en 2013.

Historia

Os KH-11 son os primeiros satélites de recoñecemento estadounidenses electroópticos de alta resolución, usando imaxes dixitais e retransmitíndoas case en tempo real. Substitúen aos satélites KH-8 e KH-9.[1][2]

Crese que os satélites usan un espello primario de 2,4 m de diámetro, o que proporciona unha resolución teórica de 15 cm a nivel do solo. As primeiras unidades usarían posiblemente detectores de fotodiodo, mentres que posteriormente pasaríase a usar detectores CCD. Os satélites teñen tamén certa capacidade de detección de sinais electrónicas. Os satélites son fabricados por Lockheed Martin e teñen masas entre 13.500 e 17.000 kg. Os KH-11 retransmiten os seus datos a través do sistema de satélites de comunicacións SDS.[1][2]

Lanzáronse 17 KH-11 mediante foguetes Titan 3D, Titan 34D, Titan 4 e Delta 4 entre 1976 e 2019, cun lanzamento fallado.[1][2]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2]Data de lanzamento[1][2]Foguete lanzador[1][2]Notas[1][2]
KH-11 119 de decembro de 1976Titan-3DÉxito
KH-11 214 de xuño de 1978Titan-3DÉxito
KH-11 37 de febreiro de 1980Titan-3DÉxito
KH-11 43 de setembro de 1981Titan-3DÉxito
KH-11 517 de novembro de 1982Titan-3DÉxito
KH-11 64 de decembro de 1984Titan-34DÉxito
KH-11 728 de agosto de 1985Titan-34DFracaso
KH-11 826 de outubro de 1987Titan-34DÉxito
KH-11 96 de novembro de 1988Titan-34DÉxito
KH-11 1028 de novembro de 1992Titan-4(04)AÉxito
KH-11 115 de decembro de 1995Titan-4(04)AÉxito
KH-11 1220 de decembro de 1996Titan-4(04)AÉxito
KH-11 135 de outubro de 2001Titan-4(04)BÉxito
KH-11 1419 de outubro de 2005Titan-4(04)BÉxito
KH-11 1520 de xaneiro de 2011Delta-4HÉxito
KH-11 1628 de agosto de 2013Delta-4HÉxito
KH-11 1719 de xaneiro de 2019Delta-4HÉxito
KH-9 1820 de xuño de 1983Titan-34DÉxito
KH-9 1925 de xuño de 1984Titan-34DÉxito
KH-9 2018 de abril de 1986Titan-34DFracaso

Notas

Véxase tamén

Outros artigos