Kendall Gill

baloncestista británico

Kendall Cedric Gill, nado en Chicago, Illinois, o 25 de maio de 1968, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto.

Kendall Gill
PosiciónEscolta / Ala
Dorsal13, 9, 12
Altura1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial88 kg (195 lb)
Nacemento25 de maio de 1968 (56 anos)
Chicago, Illinois
Carreira
UniversidadeIllinois (1986–1990)
NBA Draft1990 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Charlotte Hornets
Tempadas19902005
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos    12 914 (13,4 pp)
Rebotes    4 002 (4,1 pp)
Roubos    1 519 (1,6 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • 1º Equipo de Rookies NBA (1991)

Traxectoria profesional

Gill foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 1990 polos Charlotte Hornets, e na súa primeira tempada na NBA foi elixido no mellor equipo de rookies da tempada. Gill xogou en 15 tempadas na NBA para os Hornets (en dúas etapas diferentes), Seattle SuperSonics, New Jersey Nets, Miami Heat, Minnesota Timberwolves, Chicago Bulls e Milwaukee Bucks. En dúas tempadas diferentes Gill conseguiu máis de 20 puntos por partido, primeiro coma sophomore nos Hornets na tempada 1991-92 con 20.5 puntos por encontro, e despois cos Nets na tempada 1996-97 con 21.8 puntos por partido. Na tempada 1997-98, sendo xogador dos Nets, Gill liderou a liga en roubos de balón por partido. Gill rematou a súa carreira na NBA con 12.914 puntos anotados en 966 partidos da tempada regular.

Véxase tamén

Ligazóns externas