Kepler-90i

Planeta extrasolar



Kepler-90i (tamén coñecido pola súa designación de obxecto de interese Kepler KOI-351 i)[2] é un exoplaneta do tipo super-Terra, cun 1,32 raios terrestres,[2] que orbita ó redor da estrela na secuencia principal tipo-G, Kepler-90, cada 14,45 días; foi descuberto polo telescopio Kepler.[3][4] Está situado a preto de 2.545 anos luz (780 parsecs), ou case 2,4078 × 1016 km) da Terra, na constelación de Draco. O exoplaneta é o oitavo no sistema multiplanetario da estrela. A partir de decembro de 2017, Kepler-90 é a estrela que alberga máis exoplanetas coñecidos. Atopouse a Kepler-90i co método de tránsito, no que se mide o efecto atenuante que provoca un planeta mentres cruza por diante da súa estrela, e cunha ferramenta informática acabada de utilizar, a aprendizaxe profunda, unha clase de algoritmos de aprendizaxe automática.[3][5][6]

Kepler-90i
Planeta extrasolarLista de planetas extrasolares

O sistema multiplanetario de Kepler-90 en comparación co noso Sistema Solar interior. (14-12-2017).
Estrela nai
EstrelaKepler-90
ConstelaciónDraco
Ascensión recta(α)18h 57m 44.04s
Declinación(δ)+49° 18′ 18.6″
Magnitude aparente(mV)13.89[1]
Distancia2545 al
(780 pc)
Tipo espectralG0V
Masa(m)1.2 (± 0.1)[2] M
Raio(r)1.2 (± 0.1)[2] R
Temperatura(T)6080 K[2] K
Metalicidade[Fe/H]−0.12 (± 0.18)[2]
Idade~2 Ga
Características físicas
Raio(r)1.32±0.21[2] R
Temperatura(T)709 K (436 °C; 817 °F)[2] K
Elementos orbitais
Eixo semimaior(a)0.107+0.025
−0.040
[3] UA
Período orbital(P)14.44912±0.00020[2] a
Inclinación(i)89.20 +0.59
−1.30
[2]°
Información do descubrimento
Data do descubrimento2017 Shallue et al.[2][3]
Descubridor(es) Telescopio Kepler[3]
Método do descubrimentoTránsito[2] e aprendizaxe profunda, un tipo de algoritmos de aprendizaxe para computadoras.[3]
Status do descubrimentoPublicado[3]
Outras designacións
KOI-351 i; KIC 11442793 i; iWISE J185744.03+491818.5 i; i2MASS J18574403+4918185 i; iKepler-90 i[2]
Referencias nas
bases de datos
Enciclopedia
Planetas Extrasolares
datos
SIMBADdatos

Características

Masa, raio e temperatura

Kepler-90i é un exoplaneta do tipo super-Terra cun raio de 1,32 R,[2] indicando que é o suficientemente pequeno como para ser planeta rochoso. Cunha composición similar á Terra, Kepler-90i tería unha masa de aproximadamente 2,5 veces a masa terrestre.[Cómpre referencia] Ten unha temperatura de equilibrio de 709 K (436 °C; 817 °F), semellante á temperatura media de Venus.

Estrela nai

O planeta orbita unha estrela (tipo-G) chamada Kepler-90. A estrela ten unha masa de 1,2 masas solares e un raio de 1,2 raios solares. Ten unha temperatura superficial de 6080 K e ten unha idade estimada do arredor de 2 mil millóns de anos, cunha considerable incerteza. En comparación, o Sol ten uns 4.600 millóns de anos[7] e ten unha temperatura superficial de 5.778 K.[8]

A magnitude aparente da estrela, ou o brillante que aparece dende a perspectiva da Terra, é de 14. É moi feble para ser vista a simple vista.

Características orbitais

Kepler-90i orbita a súa estrela nai cada 14,45 días, cun eixe semimaior de 0,1234 UAs.

Debido á súa distancia moi próxima á súa estrela nai, é probable que estea ancorada orbitalmente, o que significa que un lado está mirando permanentemente cara a súa estrela nai, co cal esa cara vive nun día eterno, e pola contra, a cara oposta nunca ve á súa estrela nai e vive baixo unha noite eterna.

Descubrimento

No 2009, o telescopio Kepler da NASA estaba observando estrelas co seu fotómetro, o instrumento que usa para detectar eventos de tránsito nos que un planeta atravesa por diante da súa estrela nai, reducindo un pouquiño o seu brillo durante un período breve de tempo e relativamente regular. No seu último test, o telescopio Kepler xa levaba observadas unhas 50.000 estrelas no seu catálogo de entradas, incluíndo a Kepler-90; as curvas de luz preliminares foron enviadas ó equipo científico do "Kepler" para a súa análise, que elixiu ás que tiñan obvios compañeiros planetarios para o seu seguimento nos observatorios. O descubrimento do exoplaneta foi axudado por unha ferramenta informática acabada de utilizar, a aprendizaxe profunda, unha clase de algoritmos de aprendizaxe automática.[3][5]

O sistema multiplanetario de Kepler-90 en comparación co noso Sistema Solar.

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos