LDREX

LDREX, acrónimo de Large-scale Deployable Reflector EXperiment, foi o nome de dous satélites artificiais xaponeses adicados á proba de novas tecnoloxías relacionadas cos satélites de comunicacións.[1][2]

Características

Os dous satélites LDREX adicáronse a probar un modelo a escala de antena despregable a usar á súa vez no satélite de comunicacións experimental ETS 8. Fixeron tamén varios experimentos sobre problemas plantexados na futura misión de ETS 8. Os dous satélites LDREX foron construídos por NEC Toshiba Space Systems para a axencia xaponesa NASDA e tiñan unha masa total duns 180 kg. Ambos foron lanzados mediante foguetes Ariane 5, LDREX 1 o 20 de decembro de 2000 e posteriormente, tras fallar o mecanismo de despregue de LDREX 1, LDREX 2 o 13 de outubro de 2006, que cumplíu a súa misión con éxito.[1][2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos